SANTIAGO, 26 DE FEBREIRO.- O Partido Popular rexeitou este mércores a Proposición non de Lei presentada polo Grupo Parlamentario Socialista, na que se pedía impulsar a acción de goberno da Xunta de Galicia, co obxectivo de que esta habilitase medidas económicas “excepcionais e urxentes” para paliar os danos ocasionados polos distintos temporais que azoutaron o litoral galego e mariñano.
E é que, tal e como indicou o deputado autonómico e voceiro de Pesca –José Ramón Val Alonso- calcular as perdas “é case misión imposible”. O que deixou de ingresar un barco de artes menores durante os últimos meses sitúase entre os 300 e os 500 euros diarios, mentras que nun arrastreiro este importe pode multiplicarse ata por 30, é dicir, entre os 9.000 e os 10.000 euros por cada xornada de traballo perdida.
Deste xeito, os socialistas lamentan que, tal e como manifestou José Manuel Balseiro, o Grupo do PP non aceptase a iniciativa dos socialistas que respostaba ás peticións formuladas polo sector. Neste senso, as reclamacións feitas polo PSO, e que foron desestimadas polos populares, eran as seguintes: reclamar ó Goberno autonómico a exención de cotas á Seguridade Social no primeiro cuatrimestre do ano, así como axudas para recuperar a capacidade produtiva e para compensar o cese da actividade da frota; que a Consellería do Mar mediase ante o Instituto Social da Mariña para conseguir a exención total das cotas no primeiro trimestre do ano, así como o aprazamento e pago fraccionado das débedas existentes do último trimestre sen recargos para a frota de baixura e o mariqueo; exención e de pagos fraccionados nas taxas portuarias e outras aplicadas á actividade pesqueira e marisqueira; e realizar xestións co IGAPE, o ICO e outras entidades financieira para abrir liñas de financiamento con intereses ó 0% destinadas a recuperar a capacidade produtiva (compra de aparellos, reparación de danos de embarcacións, artes de pesca, etc), así como fondos para rexenerar os bancos marisqueiros logo da gran mortandade de moluscos causada polo exceso de auga doce.
Así mesmo, os populares tamén anunciaron que a Xunta de Galicia non recuperará o seguro de mal tempo, eliminado polo PP cando se produciu o cambio de goberno, por estar, aseguran, “mal formulado”.
“Falla de acción”
Tal e como se comprometera o pasado venres o Partido Socialista co sector pesqueiro da Mariña, do que viven unhas 2.000 familias (40.000 en toda Galicia), os socialistas foron hoxe “a voz” destes profesionais, no Parlamento de Galicia. Neste senso, denunciaron publicamente a “falla de acción” do Goberno galego ante os efectos dos temporais.
“O certo é que vostedes non consideran que teñan responsabilidades sobre nada, nin na xestión previa para minimizar os danos que se poidan ocasionar, nin tampouco na organización dos mesmos. A súa política é publicidade e propaganda. Hai dous días sacaron unha Orde para o sector mexilloeiro de 1,5 millóns de euros. Divida vostede: 3.337 bateas que hai en Galicia entre esta cantidade. 400 euros é o que lle toca a cada unha. Esa é a súa política de axuda ao sector. Vostedes deixan totalmente desprotexidos a todos os afectados. O que demandamos e que non volva acontecer todo o que vimos, e que non teñamos que volver a lamentar perdas humanas. Quere vostede dicirnos que todo saíu a pedir de boca? Quere dicirnos que as persoas que resultaron dagnificadas non van ter o apoio do Goberno, cre que iso é normal?”, indicou Val.
A este respecto, o socialista subliñou que “dende que vostedes gobernan desapareceron todas as axudas por catástrofe que se viñan poñendo en marcha. Por iso, Sr. Balseiro non me vale que diga que o Goberno do Estado aprobou un Real Decreto porque isto é algo que se viña facendo dende sempre”.
“Son uns irresponsables”
O voceiro de Pesca recriminoulle ó secretario xeral do PP de Lugo que o seu partido non esté a escoitar o que realmente demanda o sector, nin tampouco teña en conta as demandas doutros colectivos implicados polos efectos dos temporais como a comunidade educativa. A este respecto, considera que “son uns irresponsables, xa que delegan na dirección dos centros suspender ou non as clases. Isto cando menos é unha irresponsabilidade e, cando non, unha deixación de funcións. Este é o seu protocolo de actuación?”, preguntou o socialista a Balseiro.
A proposta do Grupo Parlamentario do PSOE estaba articulada dende tres puntos de vista: prevención e alerta, xestión dos danos públicos e particulares e salvamento marítimo. E é que, tal e como indicou Val, “máis alá da pertinente alerta non hai nada máis. Compartimos que a sociedade civil debe ser consciente dos perigos pero, entendemos, ademais, que o Goberno debe de facer algo a maiores para que, cando non se dé esa sensación de perigo, existan impedimentos físicos para acceder aos lugares máis perigosos. Isto é o que botamos en falla, o que pretenden solventar coa modificación da Lei de Emerxencias, que establece sancións de xeito arbitrario. Pretenden substiuír a prevención pola sanción”, afirmou.
Mellor coordinación dos organismos implicados
Así mesmo, e tendo en conta que Galicia continúa en alerta, instaron ao Goberno galego a establecer unha mellor coordinación entre os organismos implicados -Portos de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Dirección Xeral de Emerxencias-, pois en canto á recuperación das zonas, esta “deixou bastante que desexar”. Neste senso, destacaron que falta de avaliación dos danos e dunha coordinación cos Concellos afectados, así como da implicación cos sectores implicados, principalmente co sector primario, “foi evidente”. “Esta é a realidade, un goberno impasible que di traballar polos sector primario pero, cando lle toca lexislar, fai todo o contrario, ou non fai nada, como é neste caso”, concluíu o deputado socialista.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



