Burela, 18 de febreiro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e representantes das asociacións colaboradoras presentaron este mediodía no salón de plenos do Concello o programa do entroido que dará comezo o 28 de febreiro e que, coma novidade, recupera este ano actividades o luns.
Pedre explicou que “o 28 haberá unha cea baile, organizada pola S.C.R. Ledicia. O sábado, 1 de marzo, terá lugar unha cea de comadres solidaria, organizada pola asociación de Mulleres en Igualdade. Xa o domingo, 2 de marzo, haberá diversos obradoiros: de carautas e antifaces, de maquillaxe, de atrezzo, etc… O luns de entroido teremos merenda e baile de disfraces infantil coa actuación dos magos Pi i Sením, a cargo da asociación O Vencello. Será na praza de Abastos”.
A concelleira de Cultura engadiu que “o desfile será o martes a partires das cinco da tarde con saída desde a rúa do Ril ata a praza da Mariña. Estará amenizado pola charanga de Burela O mellor de cada casa e polo grupo folclórico Dambara. Repartiranse 2.000 euros en premios e outros 400 euros en vales de compra, xentileza da Asociación de Comerciantes local. A entrega dos premios será no palco da orquestra e se o tempo non acompaña na Casa da Cultura. Ese día teremos tamén chocolatada con bollería na praza da Mariña e contaremos coa actuación da orquestra Panamá a partires das oito da tarde”.
Colaboran co Concello na organización do entroido de Burela as seguintes entidades: ACIA Burela, Distribucións Carreiras, Eroski Burela, S.C.R. Ledicia, O mellor de cada casa, Dambara, O Vencello, asociación de amas de casa Praia da Marosa, asociación de Mulleres en Igualdade, asociación As Encaixeiras, agrupación local de Protección Civil, Policía Municipal, técnico deportivo do Concello de Burela, aula medio ambiental Gaia, Asociación contra o Cáncer, Anpa Vista Alegre e Anpa Virxe do Carme.
O alcalde agradeceu a colaboración de todas estas entidades: “somos conscientes de que nos momentos actuais a colaboración destes colectivos é fundamental para que o programa poida saír para adiante. Agradecemos a súa colaboración e apoio e a súa implicación directa na organización e na celebración do entroido e agardamos que esta colaboración continúe en vindeiros eventos”.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



