Voluntarios de Alcoa San Cibrao colaboran unha vez máis con la labor solidaria de Cáritas, acondicionando e organizando este venres 7 de febreiro o novo roupeiro social de dita organización en Viveiro. Fundación Alcoa respalda esta iniciativa dos traballadores da fábrica cunha aportación de 3.000 dólares a Cáritas Viveiro.
Os voluntarios limparán o local, instalarán novas estanterías, percheiros e demais mobiliario, doado por un comerciante de Viveiro. Colocarán a roupa de forma que o ropeiro social teña o aspecto dun comercio normal, aínda que, neste caso, as mercancías non teñan custe algún para as persoas que as precisen.
O roupeiro social de Cáritas conta con roupas, tanto para bebés, coma para nenos, mozos e adultos, ademais de algúns complementos, todo iso grazas ás aportacións dos veciños.
Cáritas Viveiro presta atención e asistencia a persoas necesitadas ou en situación de precariedade, en forma e medida adecuada a cada caso; por exemplo, subministro e/ou preparación de alimentos a domicilio, roupeiro social, axuda económica puntual, compañía a enfermos e persoas maiores, e programas para favorecer a reinserción laboral. Cáritas conta tamén cun centro de acollida para persoas sen fogar.
Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando habitualmente con Cáritas en toda A Mariña. En Viveiro, repararon e pintaron a casa de acollida da organización e colaborado na recollida de alimentos en Nadal, entregando uns 700 kg cada ano procedentes das aportacións dos empregados da fábrica.
Fundación Alcoa susténtanse dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus emprgeados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción, Bravo e Alcoans in Motion.