O vindeiro domingo 9 de marzo, a partir das 19:30 horas na Aula de Formación do Concello de Xove, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, presentará as rutas de sendeirismo 2014. Durante o acto entregarase un calendario de rutas a cada un dos asistentes, proxectarase un vídeo de recordo das rutas do 2013 (o grupo de sendeiristas no Parque Natural de Somiedo na fotografía), e outro vídeo con imaxes das rutas que se van a facer no 2014. Así mesmo falarase de cada unha das rutas a celebrar. O programa de rutas para este ano 2014, consta de 8 rutas, moi variadas, como ven sendo habitual, con rutas costeiras, rutas de montaña, de río, de Fragas, rutas por vías verdes, etc. Como o grupo de sendeirismo da ACD Xove está aberto, invitaranse a todas as persoas amantes do sendeirismo a participar nesta actividade deportiva.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



