Santiago, 5 de marzo de 2014.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Román Rodríguez, afirmou este mércores que a sentenza do Tribunal Supremo que anula a decisión do Goberno bipartito da Xunta de invalidar o planeamento de Barreiros “confirma que se trataba dunha decisión arbitraria, discriminatoria e agora sabemos que ilegal”. Rodríguez lamentou “as graves consecuencias económicas, administrativas, sociais e urbanísticas que se derivaron desta decisión da Xunta bipartita” e animou ao Concello de Barreiros a tramitar coa máxima axilidade un novo plan urbanístico “que aporte seguridade xurídica e normalidade ao desenvolvemento do municipio”.
Román Rodríguez, que compareceu esta tarde en rolda de prensa acompañado dos deputados populares José Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, ademais do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, lamentou “o problema urbanístico desencadeado pola decisión adoptada polo anterior Goberno bipartito na Xunta, que co ánimo de crear un chivo expiatorio no Concello de Barreiros abriu unha caixa de pandora de múltiples efectos perversos no eido económico e social”.
Na súa intervención, o portavoz popular recordou que as licencias concedidas polo Concello de Barreiros con anterioridade á anulación das súas normas subsidiarias por parte do Goberno bipartito da Xunta “fixéronse conforme ao planeamento urbanístico municipal vixente e contaron cos informes técnicos e xurídicos favorables”. “O PSOE, nun contexto social e mediático dominado pola idea do boom construtivo, buscou notoriedade anulando o planeamento de Barreiros e substituindo as normas subsidiarias de 1994 por unha normativa provisional”, indicou.
EFECTOS PERVERSOS NA ECONOMÍA
“A sentenza ditada polo Tribunal Supremo confirma que esta medida foi irreflexiba, discriminatoria e tivo uns efectos moi perversos na economía local, nas empresas e nas familias que tiñan intención de adquirir segundas residencias en Barreiros”, manifestou Rodríguez. Ademais, engadiu que “o Bipartito alterou premeditadamente as regras de xogo, rachou o proceso urbanístico, imposibilitou que as promotoras rematasen os edificios e as obras de urbanización sobre as que se asentaban, freou as ventas existentes e futuras e imposibilitou a conclusión do proceso urbanístico”.
O portavoz popular concretou que “as consecuencias foron claras: a nivel económico, quebra de empresas, desemprego e perda de aforro nas familias; a nivel adminsitrativo, indemnizacións e perdas para a administración; a nivel social, demonización da localidade de Barreiros e do conxunto da Mariña lucense; e a nivel urbanístico, amplificación da idea de inseguridade xurídica e discrecionalidade da acción da administración”.
Román Rodríguez amosou o apoio do Partido Popular ao Concello de Barreiros “para a elaboración dun novo plan xeral de ordenación municipal, unha norma que aporte seguridade xurídica e normalidade ao desenvolvemento urbanístico deste municipio lucense”. “Un documento que defenda o interese xeral, sen xerar atropelos nin arbitrariedades; elaborado con rigor e buscando solucións de consenso coas administracións e os veciños”, apuntou.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



