Foz, 14 de xullo de 2014. O alcalde de Foz deu a coñecer hoxe os datos de consumo de auga no municipio na pasada fin de semana. Javier Jorge Castiñeira destacou que “na xornada do sábado foron 4.950 metros cúbicos os que saíron da rede local, o que supón, unha vez computadas tódalas perdas, incluso os gastos municipais, unhas 20.000 persoas facendo uso dos servizos de Foz”. Para o rexedor focense “estes datos son moi importantes,xa que describen de forma fidedigna a cantidade de xente que hai en Foz xa a comezos de xullo”.
Castiñeira quixo destacar a relevancia destes datos no inicio da tempada forte de chegada de turistas: “hai que pensar que estábamos no segundo sábado do mes de xullo e aínda non é a tempada máis alta e de máximos consumos, pero sen embargo xa estamos en cifras moi elevadas. Por iso pedimos ós veciños a máxima colaboración porque si é certo que esta pasada fin de semana no noso concello houbo moita xente e o pobo xa empeza a estar copado. Esta situación fai que esteamos encantados e moi contentos de que Foz sega sendo unha referencia turística, se ben é certo que nos preocupa dar servizo a tódolos veciños. Por iso pedimos que haxa o máximo respecto posible e o máximo civismo á hora de usar os servizos municipais e a hora tamén de depositar os residuos. Neste aspecto dende o concello recomendamos que se tiren nos colectores ás últimas horas da tarde”.
O alcalde comentou ademais que “a colaboración tamén é necesaria dende os establecementos comerciais e as tendas locais para que á hora de usar eses servizos municipais o fagan co máximo respecto e sabendo que estamos xa a primeiros do mes de xullo duplicando a poboación normal de Foz. Esperamos que a partir de agora estas cifras se queden moi curtas e cheguemos a preto dos 30.000 residentes”.
Javier Castiñeira rematou explicando que “a ocupación no pobo é moi boa, pero pedimos a colaboración de todos os veciños e de todos os que nos visitan, para utilizar os servizos de forma responsable. E aproveitamos para agradecer o traballo dos servizos municipais, que está a facer unha labor moi boa con menos persoal, menos medios e menos recursos que nunca. Dende logo hai un esforzo moi importante por parte do persoal do Concello, que se está duplicando e está permitindo que os servizos se presten con normalidade.”





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



