Este domingo 10 de agosto disputouse en augas interiores de ría de Viveiro a 5ª regata da IV Copa Provincial Deputación de Lugo de piragüismo. A climatoloxía respectou aos regatistas e espectadores pese ás previsións que indicaban choiva fina para toda a tarde. O campo de regatas presentaba unhas condicións espectaculares para a práctica deste deporte na que os 155 palistas inscritos dos seis clubs da provincia ían pelexar polos podios das distintas categorías.
A regata dividiuse, como vén sendo habitual, en catro saídas distintas: a primeira para os máis peques, benxamíns e alevíns home e muller, a segunda para os infantís home e muller, a terceira para os cadetes home e muller, os xuvenís home e muller e as mulleres sénior e a cuarta saída para os homes séniors e veteranos.
Unha vez dada a saída, os alevíns encabezaron a flota de barcos marcando o camiño a seguir aos máis peques. Logo de trazar a última ciaboga, os catro primeiros palistas en entrar en meta eran, por esta orde, os alevíns Paola, Fran, Anxo e Naila, os catro do Club Kayak de Foz. Por detrás deles, un rosario de esforzados palistas ían finalizando a regata, uns con mellor cara que outros, pero todos satisfeitos co traballo feito e onde, os rapaces máis pequenos do Kayak raiaron a un gran nivel.
Mencionar o esforzo do benxamín do Club Kayak, Alejandro Otero, que pese a ser a súa primeira participación, finalizou dentro de control no posto 16 a 2:23 do vencedor do Fluvial, Iago Carreira.
Infantís home e muller
Como vén sendo case habitual nos infantís B, Xoel García Neira, do Club Kayak de Foz, exerceu de abre-pista durante toda a regata entre os 27 palistas participantes en masculino e feminino, ensinando a súa popa ao resto de participantes sen dar ningunha opción ás súas máis inmediatos rivais. Aos poucos foise distanciando dos demais facendo unha regata moi tranquila e sen ningún tipo de apuros ata cruzar a liña de meta con 1 minuto e 13 segundos de vantaxe sobre o seu rival e amigo Javier Villamor do Fluvial de Lugo e con 1:47 sobre Miguel Estévez tamén do Fluvial que entrou na 3ª posición.
Regata distinta foi a dos infantís A. Despois dunha saída moi explosiva, Noel do Kayak foise distanciando dun pequeno grupo formado por Juan e Ramón do Fluvial e Juan Rivas do Kayak, quedando un pouco máis atrasados os outros tres palistas do Kayak, Alexis, Paco e Alberto Otero. Tralo primeiro paso por meta, as posicións comezaban a apertarse un pouco, xa que Xoel empezaba a afrouxar no seu ritmo ao mesmo tempo que o terceiro perseguidor subía un pouco máis forte de tal forma que na ciaboga oposta a meta a cabeza de carreira convertíase nun cuarteto. No descenso cara á o última ciaboga, Juan do Fluvial foise aos poucos descolgando deixando a loita polas medallas para Noel, Ramón e Juan Rivas.
Mentres tanto, Alexis tíñallas tesas con Adrián do Fluvial nunha gran loita pola quinta e sexta posición. Pola súa banda Paco Fernández pelexaba con Francisco Goyos do Altruán pola décima posición. Mención especial e felicitaciones para Alberto Otero que debutaba na distancia sendo xa todo un gran éxito o entrar en control a 4:50 do gañador.
A última ciaboga foi decisiva para o resultado final. Chegaron nun apertado sprint Noel e Ramón, pero Juan Rivas colleulles o interior da ciaboga e, facendo unha viraxe máis pechada, sacou de ola aos dous palistas quedándolle o paso libre para poder disputar o triunfo da regata. Ramón, por fóra da ciaboga, quedouse sen opcións para disputar a regata. Noel, pola súa banda, non se amilanou e intentou responder ao ataque de Juan Rivas pero o seu esforzo foi valdío, cruzando Juan Rivas a liña de meta con dous segundos de vantaxe sobre Noel e 9 segundos sobre Ramón.
Alexis, ao final entrou na sexta posición a 39 segundos de Juan Rivas, Paco entro no posto 11º a 3:28 e Alberto Otero no 12º a 4:50 do gañador. Excelente regata dos infantís do Club Kayak.
Cadetes home e muller, xuvenís home e muller e mulleres sénior
Ás seis da tarde dábase a saída para o grupo de cadetes, xuvenís e mulleres sénior. A distancia a cubrir eran dúas voltas a un circuíto para cubrir os 5000 metros programados. O Club Kayak tiña representación en case todas as categorías desta saída e esta vez, todo hai que dicilo, cumpríronse os mellores pronósticos. Aínda que houbo tres palistas que entraron fóra de control, o resto de participantes deuno todo no campo de regatas entrando en control e ocupando boas posicións.
No grupo de cadetes, o Club Kayak estaba representado por Jesús, Pascual, Mayra e Rosalía. Logo dunha intensa e dura regata, as forzas foron colocando a cada un no seu sitio. Entre os mozos, o Club Kayak deu unha de cal e unha de area. A de cal deuna Jesús Alarcón que entrou nunha meritoria sexta posición a 4:14 do vencedor Xullo Matilla do Cidade de Lugo mentres que a de area a deu Pascual entrando na novena posición pero fóra de control.
O mesmo sucedeu entre as rapazas cadetes. Mentres que Mayra ocupaba unha excelente sexta praza final a 3:23 da vencedora María Moar do Cidade de Lugo, Rosalía -participando na súa primeira regata- entraba na oitava posición fóra de control. Excelente regata a das dúas mozas, Mayra pola súa sabe estar e a súa combatividade e Rosalía por ser a súa primeira partipación e finalizar a regata, un esforzo que hai que recoñecerlle pero que non debe de quedar aí…
No grupo dos mozos xuvenís, o Kayak estaba repeesentado por Alberto e a Xoan. En fronte tiñan a un espectacular Alejandro Cadros, do Fluvial de Lugo, que ía intentar facerlles a vida imposible a todos os xuvenís – cousa que así fixo-. Como no grupo dos cadetes, as forzas situaron a cada un no seu sitio. Así, mentres Alejandro Cadros facía a súa regata, Alberto e Xoan váinsa co resto de xuvenís en regata. O primeiro paso por meta xa indicaba como sería o resultado final da regata, con Alberto e Xoan pelexando con Diego Basandre do Cidade de Lugo. A entrada en meta situou a Alberto 6º a 4:25 do vencedor e a Xoan 7º a 4:37 do vencedor Alejandro Cadros.
En canto ás mulleres sénior, a representación do Kayak corría a cargo de Vanesa, experimentada regatista e hoxe adestradora dos rapaces do club. O problema é que en fronte tiña á gran regatista Tania Fernández, unha piragüista da selección nacional, con múltiples medallas nacionais e europeas. Contra esta moza, a nosa Vanesa nada puido facer…. máis nada que remar, cubrir a regata o mellor que puido para finalizar nunha boa 5ª posición pero fose do tempo de control marcado pola organziación.
Homes séniors e veteranos
A saída programada para os sénior e veteranos era ás sete da tarde. Puntuais como un reloxo, os palistas saíron ao auga para decidir quen sería o gañador desta regata. O Kayak de Foz estaba representado por Pacheco en veteranos e Nacho e Lanzós en sénior.
A regata non se prevía tan dura como foi en realidade. os problemas coa corrente na ponte onde estaba a ciaboga fixo que máis dun colisionara cos alicerces da ponte quitándolle toda opción de facer un bo resultado.
E a historia repetiuse unha vez máis. O CP Viveiro copou os podios, coa excepción de Rulo do Altruán que ocupou a terceira praza en veteranos, copou a regata e copou a lista de saída con 5 palistas veteranos e 7 senior, non en balde estaban remando en “casa”. A regata foi un calco das anteriores regatas da Copa Deputación, onde todos coñeciamos o guión de “presentación – nó – desenlace” antes de comezar. Así as cousas, sinalar que Pacheco, pese a deixar moi danada a estrutura da ponte de Viveiro debido á súa colisión, puido acabar a regata aínda que entrando fóra de control. Por outra banda, Nacho e Lanzós non colisionaron e si entraron en tempo, Lanzós no posto 13º a 2:24 do vencedor e Nacho no posto 20 a 4:52 do vencedor Marcos Illanes do CP Viveiro.
3ª Regata da IV Copa Deputación Lugo 2014
Clasificación Individual
Home benxamín K-1
Distancia 1500 metros.
1.- Iago Carreira García, Club Fluvial de Lugo, 08:26,29
2.- IAGO GARCÍA MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, 00:25,38
3.- Daniel Rego Aira, CD San Ciprián, 00:35,81
….
8.- IVAN GARCÍA MÉNDEZ, Club Kayak de Foz, 01:19,18
9.- ISAAC MENDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, 01:22,06
13.- LUÍS VÁZQUEZ VEIGA, Club kayak de Foz, 01:46,04
16.- ALEJANDRO OTERO VILLARMEA, Club Kayak de Foz, 02:23,53
18.- ALBERTO VÁZQUEZ VEIGA, Club Kayak de Foz, 02:28,29
Muller benxamín K-1
.- MARÍA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, 08:44,10
2.- MARTA FERNÁNDEZ MUÑOZ, Club Kayak de Foz, +00:37,92
3.- Mercedes Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +00:55,74
…
5.- NEREA DEBASA CALVO, Club Kayak de Foz, +01:16,76
Home alevín A K-1
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, Club Kayak de Foz, 07:28,54
2.- ANXO BALEA GONZÁLEZ, Club Kayak de Foz, +00:04,25
3.- Marcos Rego García, CP Viveiro, +00:16,64
…
4.- PABLO LÓPEZ FERNÁNDEZ, Club Kayak de Foz, +00:33,63
6.- BRAIS MARTÍN FRAGA, Club Kayak de Foz, +01:10,81
8.- SANTIAGO PÉREZ REY, Club Kayak de Foz, +04:18,25
Muller alevín A K-1
1.- PAOLA GARCÍA NEIRA, Club Kayak de Foz, 07:13,62
2.- NAILA GARCÍA NEIRA, Club Kayak de Foz, +00:24,75
3.- Bárbara Gargallo Méndez, Club Deportivo San Ciprián, +00:34,13
…
4.- LIDIA MÉNDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, +00:564,83
Home alevín B K-1
Distancia 1500 metros.
1.- Ignacio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 07:34,53
1.- Noé Fernández Quelle, CD San Cirpián, +00:01,56
2.- Adrián Neira Real, CP Ciudad de Lugo, +00:39,68
…
5.- MATEO RIVAS RODRÍGUEZ, Club Kayak de Foz, +01:24,53
4.- ENRIQUE VALLE LÓPEZ-LEYTÓN, Club Kayak de Foz, +01:57,02
Muller alevín B K-1
Distancia 1500 metros
1.- Enma Devesa Fernández, CP Ciudad de Lugo, 07:19,06
2.- Antia Dovale Rodríguez, CP VIveiro, +01:01,52
3.- LAURA FERNÁNDEZ MUÑOZ, Club Kayak de Foz, +01:03,44
Home infantil B K-1
Distancia 3000 metros.
1.- XOEL GARCÍA NEIRA, Club Kayak de Foz, 12:33,41
2.- Javier Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +01:13,42
3.- Miguel Estévez Seijas, Club Fluvial de Lugo, +01:47,13
Home infantil A K-1
Distancia 3000 metros.
1.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, Club Kayak de Foz, 13:11,08
2.- NOEL GARCÍA EDROSA, Club Kayak de Foz, +00:02,29
3.- Ramón Fernández Fernández, Club Fluvial de Lugo, +00:09,18
…
6.- ALEXIS NAVAS PÉREZ, Club Kayak de Foz, +00:39,81
11.- PACO A. FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +03:28,35
12.- ALBERTO OTERO VILLARMEA, Club Kayak de Foz, +03:28,35
HOME CADETE K-1
Distancia 5000 metros.
1.- Julio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 22:22,22
2.- Daniel García Pulpeiro, CP Altruán de Ribadeo, +01:34,79
3.- Alberto Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +02:08,56
…
6.- JESUS ALARCÓN MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +04:14,31
MULLER CADETE K-1
Distancia 5000 metros.
1.- María Moar González, CP Ciudad de Lugo, 26:48,55
2.- Carmen Villar Varela, Club Fluvial de Lugo, +00:01,40
3.- Lucía Valiña Seijas, Club Fluvial de Lugo, +01:02,97
…
6.- MAYRA ALARCÓN MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +03:23,50
HOME XUVENIL K-1
Distancia 5000 metros.
1.- Alejandro Cuadros Otero, Club Fluvial de Lugo, 22:21,73
2.- Carlos Álvarez Vázquez, Club Fluvial de Lugo, +01:23,96
3.- Noé Vila Muñoz, Club Fluvial de Lugo, +01:28,96
…
6.- ALBERTO FEMENÍAS HERMIDA, Club Kayak de Foz, +04:25,00
7.- XOAN GARCÍA MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +04:37,66
MULLER SENIOR K1
Distancia 5000 metros
1.- Tania Fernández García, Club Fluvial de Lugo, 23:44,76
2.- Sabela castro Martínez, CP Ciudad de Lugo, +02:44,77
3.- Mª Ángeles del Riego Martínez, CP Viveiro, +03:10,38
…
5.- VANESA LÓPEZ MUÑIZ, Club Kayak de Foz, fóra de control
HOME VETERANO K-1
Distancia 5000 metros.
1.- Alberto Pigueiras Leal, 21:36,92
2.- Jesús Fernández Dopico, +01:02,60
3.- Raúl Cedrón Vilar, CP Altruán de Ribadeo, +01:46,46
…
15.- CARLOS ALBERTO PACHECO, Club Kayak de Foz, fóra de control
HOME SENIOR K-1
Distancia 5000 metros.
1.- Marcos Illanes Rodríguez, CP Viveiro, 21:38,94
2.- Javier Illanes Rodríguez, CP Viveiro, +00:00,51
3.- Iván rodríguez Fernández, CP Viveiro, +00:04,40
…
13.- RAMÓN LANZÓS PIÑEIROA, Club Kayak de Foz, +02:24,64
20.- IGNACIO ROMILLO DÍAZ, Club Kayak de Foz, +4:52,51
5ª Regata da IV Copa Deputación Lugo 2014
Clasificación Xeral por Clubs
1.- Club Fluvial de Lugo, 2500 puntos
2.- Club Kayak de Foz, 2421 puntos
3.- Club Piragüismo Viveiro, 1643 puntos
4.- Club piragüismo Ciudad de Lugo, 1479 puntos
5.- Club Deportivo San Ciprián, 710 puntos
6.- Club Piragüismo Altruán de Ribadeo, 540 puntos
As vindeiras citas do Club Kayak de Foz son a sexta regata da IV Copa Deputación de piragüismo a disputar en Foz o vindiero 6 de setembro e a Travesía da Ría de Foz o vindeiro 7 de setembro.