Non vou comezar este artigo chamándolle “ignorante”, “prepotente” nin “chulo”, insultos que vostede me dedicou nun recente artigo seu titulado “Soberbia” sobre á construción da Residencia de Maiores de Ribadeo. Non o vou facer porque non é ese o meu estilo nin creo que os ribadenses queiran ter nunca de alcalde a quen insulta. Eu respéctoo a vostede, aínda que non comparta as súas ideas.
Pero si que me vexo na obriga de aclararlle algunhas cuestións en relación á construción da Residencia de Maiores:
1.- É un feito incuestionable que Ribadeo precisa este servizo. Un de cada catro habitantes do concello ten máis de 65 anos. Os nosos maiores merecen un coidado axeitado. É algo co que non se pode xogar.
2.- A construción da Residencia é unha demanda unánime da sociedade ribadense, que se mobilizou para conseguila. A falta de apoio da Xunta a este proxecto non é un ataque ao alcalde ribadense do BNG, é un ataque á sociedade ribadense, aos maiores de Ribadeo e ás asociacións de veciños e colectivos sociais que están a loitar por este servizo.
3.- As desculpas de mal pagador da Xunta non son máis que un intento de obstaculizar a construción desta obra tan esperada. Así o denuncia un escrito enviado desde Ribadeo á Xunta de Galiza o pasado 28 de agosto e asinado por todos os grupos políticos do Concello, incluídos os concelleiros do PP, que son os que representan aos votantes do señor Feijóo en Ribadeo.
4.- A residencia de Ribadeo está deseñada para atender a medio cento de usuarios e usuarias e costará 2,5 millóns de euros. A Xunta de Galiza ten que aclarar dunha vez se vai poñer cartos para esta obra, sen máis desculpas nin atrancos, porque a este ritmo rematarán as obras e a Xunta de Feijóo seguirá poñendo desculpas de mal pagador para non aportar nada para a Residencia, nin sequera os pírricos 500.000 euros que tiña comprometidos.
5.- E sinceiramente, señor López Penabad, en vez de facer de mal escudeiro do señor Feijóo, o que os ribadenses esperan de vostede é que defenda os intereses dos veciños e veciñas de Ribadeo, como neste caso fixeron todos os concelleiros da Corporación municipal.
6.- En vez de insultar a todos e todas as persoas que traballamos a favor da Residencia, o que debería facer é denunciar a actitude discriminatoria da Xunta e do señor Feijóo con Ribadeo. Ten que ser a Deputación e mais o Concello quen asuman a construción desta infraestrutura cando é a Xunta quen ten as competencias na materia. Debería estar criticando vostede publicamente que a Xunta de Galiza desatenda deste xeito as súas obrigas en materia de benestar social da poboación do seu concello.
7.- Pero non se preocupe vostede, co apoio da Xunta ou sen el, co seu apoio persoal ou sen el, Ribadeo terá Residencia da terceira idade. O compromiso do Concello e da Vicepresidencia da Deputación con Ribadeo e co benestar social da súa xente é total e demostrase nesta obra.
Investir en políticas sociais é primordial en Galiza, dado o grao de avellentamento da nosa poboación e as circunstancias que viven os nosos pensionistas, cunhas xubilacións moito máis baixas que no resto do Estado e atacados con diferentes copagos implantados polo Partido Popular no eido sanitario nos últimos dous anos, e que deixan aos nosos maiores e ás nosas maiores unha marxe mínima para levar unhas condicións dignas de vida.
Ribadeo e os seus cidadáns merécense esta infraestrutura social tan necesaria e pola que levan tanto tempo loitando. Señor López Penabad, faga algo útil, deixe de insultar e convenza á Xunta e ao señor Feijóo para que non castiguen a Ribadeo e cumpran coa súa obriga: financiar a Residencia de Maiores de Ribadeo.
E todo isto dígollo dende a humildade de quen foi escollido polos ribadenses para defendelos, para loitar por eles e polas súas necesidades e para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza. Non é soberbia, é firmeza.
P.D.: INFAMIA: Inxuria. Quen obra con vileza. Acusar a alguén sabendo que é inocente.
(Permítame que use a definición da Real Academia Galega).
Ribadeo, 16 de setembro de 2014.
Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



