Unha trintena de senderistas disfrutaron esta fin de semana da espectacular ruta organizada pola Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá polo Courel (Alto do Couto, Devesa da Rogueira, Formigueiros, Alto do Couto). Aos encantos da Serra do Courel sumouselle un impresionante día para camiñar. A ruta foi duns 12 kms aproximadamente. Ao rematar a ruta os sendeiristas repuxeron forzas cunha comida nun restaurante da zona. A Asociación de Sendirismo Terras de Lourenzá, xa está a pensar na vindeira ruta, que será o próximo día 9 de novembro a Outeiro de Rei.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



