Vintecinco mulleres participan este mércores no curso sobre Personal Branding e Marca Persoal, que organizaron a Concellería de Muller e Igualdade e o CIM de Burela. A actividade desenvólvese pola mañá e pola tarde na Aula de Familia da Casa da Cultura. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.
A concelleira de Igualdade, Diana Durán, explicaba hai uns días que “esta actividade está enmarcada dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, xornada na que se celebra o día internacional contra a violencia de xénero. O curso está pensado para facer visibles, aos ollos da propia muller, os valores que cada unha temos, facendo deste xeito da autoestima unha arma importantísima para afrontar as dificultades do día a día. Sempre debemos lembrar que se nos queremos e nos valoramos nosoutras mesmas positivamente, tamén a xente que nos rodea nos valorará”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



