O pasado mércores, 29 de outubro, iniciouse a segunda parte do proxecto O Galego na Onda, desenvolvido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa A Concellería de Cultura, Educación e Turismo de Burela. Ese día houbo un obradoiro de radio impartido polos profesionais Rubén Riós e Andrés Rozados e dirixido a un grupo de alumn@s entre os que se atopaban as gañadoras da primeira fase do concurso consistente na elaboración de cuñas, Macarena Ledo e Elena Valle. A última fase do proxecto levarase a cabo o vindeiro 12 de novembro coa grabación dun programa de radio na emisora municipal de Burela.
