Burela, 25 de novembro 2014. O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza/concentración como acto de repulsa contra a violencia de xénero. Alí gardouse un minuto de silencio polas mulleres asasinadas ao longo deste ano. A continuación tivo lugar a proxección dun vídeo para sensibilizar aos asistentes sobre esta problemática social. Nos actos que tiveron lugar no Concello participaron xogadoras do Burela FSF.
Tamén esta tarde foron entregados os premios aos gañadores do VIII Concurso de Microrrelatos e do IV Concurso de Lemas, organizados polo Concello para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. Macarena Ledo e José Díaz foron os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste 2014 e José Mª González Pajón, usuario da Fundación Eu Son foi o gañador do Concurso de Lemas. O que el elixiu foi Nacemos para querernos, non para mancarnos. Ademais as mulleres que participaron nos últimos cursos que puxo en marcha o Concello recolleron hoxe os seus diplomas acreditativos. Como remate da tarde, o alcalde, José Mª González Barcia, foi o encargado de dar lectura ao manifesto conmemorativo desta data.
Durante a mañá o Concello distribuíu pegatinas, lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. E á entrada do Concello colocouse un libro de sinaturas onde os que o desexaron puideron deixar a súa opinión e as súas verbas contra esta lacra social.


























Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



