A Deputación de Lugo, coa colaboración do Grupo Consciente, organiza o vindeiro mércores, 19 de novembro, unha charla motivacional dirixida, principalmente, a desempregados e/ou emprendedores. Baixo o título Véndete para emprender!, o “coach” profesional, relator e formador, Felipe García Rey, revelará as aptitudes e as actitudes necesarias para enfrontarse con éxito á busca de emprego e chegar á entrevista de traballo con pleno coñecemento e seguridade nun mesmo. A charla básase en analizar temas como a motivación, a xestión dos medos ou a creación dunha marca persoal.
Durante a xornada, os asistentes poderán dar resposta a preguntas como Venderme? Como cambiou o mundo laboral?, Emprender? ou Que fago co meu medo?; ao tempo que García Rey lles amosará o valor das propias ideas, as caracterísiticas dos emprendores, a fórmula da valía persoal e como enfrontarse ao cara a cara.
A asistencia á conferencia, que se celebrará dende as 10:00 ás 13:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, é totalmente aberta ao público e gratuíta, unicamente limitada ao aforo do espazo, que é de 165 prazas.
Currículum do poñente
Felipe García Rey, é Socio-director do Grupo Acción Consciente, “coach” profesional, poñente motivacional, formador e un dos primeiros profesionais acreditados en España para o uso de técnicas de dinámicas de alto risco e firewalking. Na actualidade está completando o grado universitario en psicoloxía. Articulista habitual e membro do comité de redación do Observatorio Europeo de Coaching, formouse sobre habilidades directivas, desarrollo profesional e persoal, intelixencia emocional, liderazgo, negociación persuasiva ou xestión do tempo. Ademais é membro e colaborar de AECOP (Asociación Española de Coaching y Consultoría de Procesos), ASNIE (Asociación Nacional de Inteligencia Emocional) e mentor da Fundación Barrié e Talentous.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



