Santiago, 14 de novembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou este venres por unanimidade a iniciativa formulada polo Grupo Popular para que, no marco do novo período de actividade dos Grupos de Acción Costeira (GAC), se estableza unha maior intensidade de apoio ao propio sector marítimo-pesqueiro, en concreto, financiando de xeito preferente aqueles proxectos que se destinen aos profesionais do mar e do marisqueo.
O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, explicou que a Consellería do Medio Rural e do Mar financiou desde 2010 máis de 500 proxectos dos Grupos de Acción Costeira, por un importe de máis de 28 millóns de euros. Destes, entorno ao 40 por cento foron xestionados directamente por profesionais do mar ou polas súas entidades asociativas, unha porcentaxe que pretende elevarse aplicando este novo criterio.
TRABALLO ARDUO, PERO GRATIFICANTE
Balseiro explicou que esta petición concorda plenamente co previsto no novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que se aplicará durante o período comprendido entre os anos 2014 e 2020. Tamén reflicte fielmente as conclusións formuladas polos propios integrantes dos GAC nas distintas xuntanzas de avaliación organizadas nos últimos anos, uns encontros nos que Galicia foi pioneira.
O deputado popular dixo que a posta en marcha dos Grupos de Acción Costeira ten sido un traballo arduo, ao tempo que gratificante e satisfactorio, o que non implica que poida ser mellorado. Sinalou que os sete GAC existentes en Galicia contan coa implicación directa de máis de 330 entidades, entre elas un número importante de confrarías de pescadores, aínda que tamén representantes doutros ámbitos como o social, o económico ou o público.
MERGULLADORES
Por outra banda, o Grupo Parlamentario Popular rexeitou a iniciativa formulada polo PSOE en relación co colectivo de mergulladores, por entender que as peticións socialistas “eran xenéricas, imprecisas ou incluso, levaban á confusión”, impropias dun deputado, José Val, que tivo importantes responsabilidades no ámbito da pesca e que agora formula iniciativas desde o total descoñecemento.
Así, por exemplo, Balseiro non entende que o PSOE demande o recoñecemento das enfermidades profesionais deste persoal, cando estas xa forman parte do cadro aprobado na abondosa normativa vixente no ámbito da prevención de riscos. Hoxe xa están recoñecidas tanto as enfermidades profesionais do persoal encargado dos traballos subacuáticos ou en medios hiperbáricos, ao igual que, desde o ano 2013, inclúese a enfermidade descompresiva ou a osteonecrose disbárica, consecuencia dunha mala descompresión.
Tamén indicou que na actualidade moitos profesionais mergulladores xa cotizan no réxime especial do mar e, aínda que é certo que non son todos os buzos, si estarían incluídos os dedicados a actividades de pesca extractiva ou os enrolados en buques pesqueiros, non así os adscritos a outras actividades industriais non pesqueiras.
Finalmente, Balseiro sinalou que aínda que non existe constancia de que os integrantes da Comisión Galega de Mergullo Profesional teñan solicitado unha reunión, non hai problema algún para reunila si o demandan, aínda que, si é público e notorio que a Secretaría Xeral do Mar mantén reunións periódicas cos colectivos de mariscadores que empregan a técnica do mergullo para analizar distintos aspectos dirixidos á mellora da súa actividade profesional.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



