Lugo, 29 de novembro de 2014. O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deportes, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do quinto Encontro Nacional de Probas Motrices Special Olympics España para persoas con discapacidade intelectual, que reunirá no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo dende este venres e ata o domingo a máis de 250 persoas entre deportistas, adestradores e voluntarios. Xunto a Veiga tamén estiveron presentes no acto Julio Cortiñas, vicepresidente de Special Olympics Galicia; o alcalde de Lugo, José López Orozco; e o deportista local Iván López González.
O vicepresidente provincial, Antonio Veiga, quixo “darlle os parabéns a todos os deportistas e técnicos que van participar, conxuntamente cos máis de 90 mozos e mozas de Lugo que van colaborar desinteresadamente, e agradecer a Special Olympics que traia este encontro unha vez máis ao Pazo Provincial dos Deportes”, indicou.
Do mesmo xeito, Veiga afirmou que “quero que esta fin de semana sexa especial e que toda a poboación lucense acuda a arroupar esta sobresaínte labor social que están facendo todas estas asociacións que traballan no ámbito da discapacidade que están ao redor de Special Olympics”, sinalou.
Pola súa banda, Julio Cortiñas destacou que “os nosos deportistas teñen un corazón moi grande e demóstrannos día a día o seu espírito e afán de superación, onde sempre lles valoramos e premiamos os esforzos individuais que fan por querer superarse”, comentou.
Así mesmo, o vicepresidente de Special Olympics agradeceu a implicación das institucións para que “a nosa cidade e provincia nos acolla cos brazos abertos e poidamos traer un evento destas características, que vai ter a 260 persoas involucradas entre deportistas, voluntarios e técnicos. Todos eles van convivir durante unhas horas na que compartirán ilusións e ese compañeirismo que nos queremos transmitir. Quero agradecer tamén a Aspnais a súa implicación e apoio para que este evento se celebre en Lugo, porque fai falta moito traballo para logralo”, valorou.
“Facer visible a discapacidade”
Finalmente, sinalou que “queremos facer visible a discapacidade, que a sociedade vexa o esforzo que fan e o corazón que teñen os membros do noso colectivo, e tamén buscamos que se difunda a nosa filosofía de ofrecer deporte para todos”, concluíu.
Este evento xuntará a deportistas con discapacidade intelectual de Galiza e doutras cinco comunidades do Estado: Andalucía, Castilla La Mancha, Castilla y León, Madrid y Valencia. A cerimonia de apertura levarase a cabo mañá, a partir das 20 horas, no Pazo Provincial e os xogos e actividades prolongaranse ata o domingo ás 13 horas, momento no que se procederá á entrega de premios e recordos.
Once modalides deportivas
Durante a fin de semana disputaranse as respectivas competicións de once modalidades deportivas. Trátase das probas de desprazamento, tiro de disco, recepción de pelotas, lanzamento a canastra, lanzamento de precisión, tiro a portería, raquetas e pelotas, equilibrio dinámico, desprazamento con diferentes apoios, bowling e petanca.
Lugo, a provincia máis representada
A provincia de Lugo, con 42 persoas, será a máis representada neste quinto encontro estatal de Special Olympics, ao igual que Galiza tamén será a comunidade con maior número de participantes. En total haberá 78 galegos dos 171 que participarán.
Lugo contará con representación de catro asociacións. Da capital competirán Aspnais (14 atletas, 4 adestradores e 1 delegado) e San Vicente de Paúl (4 atletas, 1 adestrador e 1 delegado), mentres que da Mariña chegarán os viveirenses de Aspanane, con 10 persoas (8 atletas, 1 adestrador e 1 delegado) e os burelenses da Fundación Eu Son, con 7 (4 atletas, 2 adestradores e 1 delegado).
Da provincia da Coruña achegaranse 22 persoas pertencentes a catro colectivos: Ricardo Baró, Adcor, Chamorro e Apader. Finalmente, Pontevedra aportará 14 deportistas, adestradores e delegados a través das asociacións viguesas Aceesca e San Francisco.
En canto ao resto de comunidades autónomas, Madrid aportará 35, Castilla y León 26, Andalucía 13, Castilla La Mancha 12 e Valencia 7.
Special Olympcis España
Special Olympics é un movemento internacional que está presente en 170 países, alcanza a 3,7 millóns de deportistas con discapacidade intelectual. Dende Special Olympics España, considérase que o adestramento é fundamental para o desenvolvemento das habilidades deportivas das persoas con discapacidade intelectual. Grazas a el, as persoas con discapacidade intelectual benefícianse física, mental e socialmente. E a sociedade a través da participación e observación chega a entender, respectar e aceptar ás persoas con discapacidade intelectual nun ambiente de igualdade. Special Olympics promove dita inserción fomentando que os deportistas pasen do adestramento adaptado a programas escola, onde poidan competir en actividades deportivas regulares.
Special Olympics Galicia
Special Olympics Galicia, Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2000, por
acordo de dezasete asociacións das diferentes provincias da comunidade autónoma galega. As súas finalidades son a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte.


























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
