Lugo, 19 de novembro de 2014. O vicepresidente e responsable de Benestar, Deportes e Igualdade da Deputación, e o delegado de Cultura e Turismo, os nacionalistas Antonio Veiga e Mario Outeiro, presentaron esta mañá no Museo Provincial os actos que organiza a Vicepresidencia Primeira do organismo provincial para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, baixo os lemas O machismo mata e Cambiar o conto é cousa de todas/os. A presentación levouse a cabo na sala de Arte Galega do museo lugués, co cadro A Chacharreira, do vilalbés Antonio Ínsua, como testigo, co que se quixo simbolizar a importancia que sempre tivo a muller no mundo do traballo en Galiza e noutros eidos como a cultura.
Os deputados nacionalistas recordaron que estas actividades teñen como obxectivo primordial “insistir na concienciación e resolución desta grave problemática social, algo que non debe quedar circunscrito única e exclusivamente ao 25 de novembro, xa que mulleres son asasinadas durante todo o ano en toda Galiza e todo o Estado, polo que debe haber resposta todos os días do ano”, indicou Veiga.
O vicepresidente provincial recordou que “dende o ano 2013, en todo o Estado van asasinadas máis de 750 mulleres, un dato suficientemente tráxico para remover conciencias e levarnos a todos e a todas a reflexionar sobre un problema, a violencia exercida contra as mulleres, que en pleno século XXI só pode ser abordado dun xeito global, integral e como un verdadeiro asunto de Estado. Desde as institucións temos que actuar e por iso, no noso compromiso de reforzar a nosa loita contra esta violencia, organizamos outro ano máis no Museo Provincial e no Pazo de San Marcos varias actividades ás que convidamos ás e aos lucenses, xa que é necesario que nos involucremos todas e todas”, remarcou.
Programa de actos
O primeiro acto terá lugar este xoves 20 de novembro coa proxección no Museo Provincial de Lugo do documental ‘Muller(es)Muller’ e posterior debate coa participación de Inés Pintor, protagonista e directora do documental, e María Reimóndez, escritora e tamén protagonista. A proxección dará comezo ás 20 horas e a entrada será aberta e de balde, ata completar aforo.
O programa do 25 de novembro terá continuidade o mércores, día 26, no sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Alí se representará, a partir das nove da noite, a obra ‘Mal Tratadas’, a cargo de Microefectos Dramatúrxicos. A entrada tamén será gratuíta.
Pecharanse as actividades deste ano o venres, día 28, coa contacontos Soledad Felloza, que lle ofrecerá aos máis pequenos da casa o seu conto ‘Érase dúas veces… (unha segunda oportunidade para os contos de sempre)’. Este acto terá lugar tamén no salón de actos do Pazo de San Marcos e comezará ás 17.30 horas con entrada libre.
Documental ‘Muller(es)Muller’
Inés Pintor reúne no documental que se proxectará mañá a mulleres a avoas, netas e nais co fin de analizar a transformación das mulleres ao longo destas tres xeracións. Deste xeito, reflexionarán sobre a transformación levada a cabo nos últimos anos coas experiencias persoais de mulleres de distintos ámbitos, idades e profesións, comprobando desta maneira como viviron e viven estes cambios en primeira persoa. As súas reflexións, a través dunha animada charla-debate, demostráronlle ao equipo que produciu o documental o mal que se emprega habitualmente a frase da “actual incorporación da muller ao mundo laboral”, xa que moitos dos traballos que realizaban dende hai moitos anos e aínda realizan nalgúns casos, por exemplo, os domésticos, non están regulados nin gozan da visibilidade precisa.
Unha das conclusións que se tiran é que as mulleres teñen colaborado tanto ou máis que os homes nas economías familiares co gran inconveniente de non seren valoradas por elo. Esta situación corrixiuse un pouco nos últimos tempos, pero aínda hoxe se atopan desigualdades salariais e de acceso aos cargos de maior responsabilidade.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



