O Burela FS Pescados Rubén FS B non puido despedir 2014 puntuando na visita do sólido Pizzería A Fuga Xove FS a Vista Alegre (2-5).
Os laranxas fixeron fronte aos visitantes nunha primeira parte igualada, que recibiu o descanso co 2-3 desfavorable para os da bomboneira despois dunha magnífica oportunidade de poñerse por diante. No segundo período, as opcións dos de Iván Cao ‘Lucas’ víronse enormemente condicionadas pola acumulación de faltas e as expulsións de Aitor e Hélder.
Erik, Renato, Hélder, Ángel (1) e Daniel formaron o cinco inicial dos laranxas; tamén xogaron Alemán, Aitor, Rubén (1) e Javi Fajardo. Polos visitantes o quinteto de saída foi de Ismael, Enrique, Bruno Rodríguez (1), Manu (3), Bruno Insua; tamén xogaron Antón Couto (1), Solloso, Bruno Blanco, Víctor e Iván.
A liga de Terceira División regresará en 2015 para os pupilos de Lucas co próposito de ir afastándose do fondo da táboa. Primeiro obxectivo, o 10 de xaneiro co desprazamento á cancha do 5Coruña FS, décimo clasificado.