Lourenzá, 15 de decembro de 2014. Ismail Itrih, alumno de 5 anos de idade do CEIP Juan Rey de Lourenzá, foi elixido o pasado venres, 12 de decembro, gañador do I Certame de Postais de Nadal. Un xurado formado por directivos da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá así como por persoal da área de Cultura do Concello e polo director do colexio Juan Rey foi o encargado de valorar os traballos entregados nesta primeira edición do concurso. En total presentáronse case 80 postais, o que supón “unha satisfacción” para o Concello, que coorganizou este certame en colaboración coa ACIAL laurentina. O premio consiste nun vale de compras valorado en 50 euros, que será entregado o próximo domingo, 21 de decembro, no mercado gandeiro, coincidindo coa celebración do Mercado de Nadal.
A Concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou este luns que “o pasado venres, día 12 de decembro, reuniuse o xurado encargado de valorar o I Certame de Postais de Nadal do Concello de Lourenzá. Nesta ocasión, foron cinco os membros do mencionado xurado, que deliberaron ante un total de case oitenta postais elaboradas polos alumnos do colexio Juan Rey. Nese xurado estaban representados a ACIAL, co-organizadora deste concurso de postais de Nadal, a través de Marta Sánchez Seivane e Lucía López Cajoto, membros da directiva, e tamén o director do colexio Eduardo Iglesias Villar. Por outra banda, representando ao Concello, co-organizador de dito concurso, estaba persoal da área de Educación. Neste caso eu mesma, coma concelleira de Educación, e tamén a traballadora social María José García Veiga”.
Flórez engadiu que “foron case un total de oitenta postais as que se presentaron a este certame. Algo que nos encheu de satisfacción, xa que ao ser a primeira vez que se organizaba non contábamos cunha participación tan extensa. E unha vez valorados tódolos traballos presentados saíu elixido gañador o neno de 5 anos Ismail Itrih, que vai a ter un premio de 50 euros en vales de compra, outorgado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá; e, por outra banda, a súa postal vai a ser a que o Concello utilice coma felicitación institucional nestas vindeiras festas de Nadal. Quedaba por concretar o día de entrega do premio, que se vai a celebrar nunha data significativa. Neste caso escollemos, tanto por parte do Concello como pola directiva de ACIAL, como ocasión máis axeitada o vindeiro Mercado de Nadal, que se vai a celebrar a próxima fin de semana en Lourenzá, os días 20 e 21 de decembro. E, concretamente, a entrega deste vale de compra vai efectuarse o domingo 21, ás seis e media da tarde nas dependencias do Mercado Gandeiro, onde estarán situados os postos deste Mercado de Nadal”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



