Ribadeo, 12 de novembro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais e Sanidade puxo en marcha este luns, por cuarto ano consecutivo, a súa campaña de recollida de xoguetes Dálle a volta ao Nadal. Con ela intenta concienciar aos ribadenses para que doen os xoguetes que os seus nenos e nenas xa non utilizan, para entregarllos no Nadal ás familias da vila con menos recursos. A campaña de recollida estará activa ata o venres, 12 de decembro, e os interesados poderán entregar as súas doazóns nos centros educativos da vila e nos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo.
A concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, lembrou que “por cuarto ano consecutivo, comezamos coa campaña de recollida de xoguetes Dálle a volta ao Nadal, que xurdiu polo ano 2011 con tres valores principais. O primeiro era a reciclaxe, é dicir, que eses xoguetes que antes utilizaban os nosos fillos e fillas, acabasen agora noutras mans. O segundo, e tamén un dos valores fundamentais, foi o da solidariedade, que os nosos fillos e fillas aprendan a compartir e incluso a desfacerse dalgún xoguete querido. E en terceiro lugar, e non por elo menos importante, o factor económico. Sabemos que hai familias que non o están a pasar ben e consideramos que o xoguete é un dereito de todas as persoas e nunca un privilexio”.
A edil nacionalista resaltou que “é importante que cando nos decidamos a doar estes xoguetes, pensemos que imos poñelo noutras mans. Esas mans poderían ser as dos nosos nenos e nenas. Por tanto, pedimos por favor que os xoguetes estean en bo estado, é dicir que case sirvan para envolver. E tamén que os xoguetes que consten de pezas que veñan con todas elas, e se pode ser, que se entreguen nunha bolsa aparte con todas as pezas xuntas. Son necesarios tamén xoguetes para idades adolescentes, entre 12 e 16 anos, que son os que botamos sempre máis en falta”.
A responsable da Concellería de Servizos Sociais ribadense recordou que “a campaña empezou onte e recolleranse xoguetes ata o día 12 de decembro. Esta recollida farase nos centros de ensino da localidade coma a Gardería Infantil, o CEIP Gregorio Sanz, o Sagrado Corazón e o IES Dionisio Gamallo de Ribadeo. Tamén, nos Servizos Sociais do Concello, situados no Auditorio Municipal. Pola nosa parte, queremos animar a todos a colaborar”.




















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



