Lugo, 13 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará de xeito inminente no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de saneamento do núcleo de Requeixo, no Concello de Lourenzá, por un importe de 304.758 euros. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou este martes a zona na que está prevista a actuación, para a que se prevé un prazo máximo de execución de catro meses.
Arias estivo acompañada pola alcaldesa, Emma Alvarez Chao, e ambas analizaron sobre o terreo os pormenores do proxecto, que asume Augas de Galicia. As obras consistirán na construción dunha rede composta por nove colectores que conectarán coa depuradora grazas a unha infraestrutura de tubaxes de case tres quilómetros de lonxitude (2.966 metros).
Ao longo do trazado será preciso realizar senllos cruzamentos nas estradas LU-P-2802 e LU-122 mediante perforacións horizontais encamisadas. Este proxecto de saneamento tamén recolle a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas obras.
Con esta actuación en materia hidráulica preténdese eliminar as insalubres e contaminantes fosas sépticas individuais que na actualidade empregan os habitantes do núcleo de Requeixo. Trátase dunha zona residencial vinculada principalmente á actividade agrícola, para a que se prevé un sistema de saneamento similar ao que existe nos núcleos de Santo Tomé e San Adriano.
A delegada destacou o esforzo que está a realizar a Xunta de Galicia en materia de obras hidráulicas e moi especialmente para dotar de servizo de saneamento aos núcleos rurais. “Con esta dotación –afirmou- mellórase a calidade de vida dos veciños e veciñas e tamén a calidade ambiental do entorno, ao eliminar os focos contaminantes que supoñen as fosas sépticas”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



