ACIA BURELA concedeu un dos desexos da Árbore dos Desexos á Asociación Mujeres en Igualdad Burela que pedira alimentos non perecedoiros para poder seguir dando de comer ás persoas que non teñen nada. Nese sentido, a presidenta da asociación, Mary Fraga, un ano máis quere agradecer a ACIA BURELA a súa achega á Despensa de Alimentos que Mujeres en Igualdad ten en Burela. “Este ano é incrible a solidariedade que están demostrando as persoas, non vos podedes imaxinar a cantidade de apoio que estamos recibindo por parte dos veciños de Burela”, exclama. “Ultimamente ata nos paran pola rúa para interesarse nas necesidades que temos, incluso o número de socias creceu considerablemente na última tempada”, engade. “Estamos moi contentas coa gran aceptación que esta asociación esta tendo, e é por iso polo que seguiremos traballando para poder ofrecerlle ás persoas novas propostas coas que afrontar o 2015”, comenta Mary Fraga.
