Compostela, a 5 de xaneiro de 2014.- Máis dunha ducia de temáticas ambientais conforman este novo número de CERNA dixital que xa podes consultar no web www.adega.gal/revistacerna. A súa editorial indica en poucas palabras cal é a esencia desta nova edición que recolle algunhas das loitas que están a ser máis destacadas tanto no eido ambiental como no patrimonial, onde cada vez agroma máis contestación social.
Acudimos aos expertos para coñecer cal está a ser a incidencia das grandes industrias galegas na contaminación atmosférica ou cales son os efectos do deitado de area nas praias, como resposta aos temporais do pasado inverno. Os residuos e as políticas que os xestionan seguen tendo un lugar destacado nesta revista, desta volta amosando experiencias que mudan os xeitos tradicionais e tratar co lixo. No apartado de sostibilidade, adentrámonos nos conceptos básicos da bioconstrución ou do que se coñece como “moda sostíbel”, alén de resaltar experiencias de aforro enerxético como a do alumeado público do concello de Carballo.
Non faltan os relatos dalgunhas das loitas máis activas do momento no eido ambiental e patrimonial. A defensa do río Sarria, do seu bosque de ameneiros e do territorio histórico do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade foi sen dúbida unha das reivindicacións ecoloxistas máis destacábeis deste ano encabezada pola Plataforma Sarriana polo Río. Outra plataforma, a que defende o uso público do Castelo de Monterrei, tamén resume nun dos artigos desta publicación a loita contra a privatización deste BIC, auspiciada pola Xunta. No terreo cultural, un dos grandes coñecedores dos camiños que levan a Santiago, Ricardo Polín, ofrece a súa particular reflexión sobre o impacto negativo que están a ter na Cultura e na memoria histórica do país as delimitacións oficiais das vías xacobeas aprobadas polo actual goberno galego.
A avespa asiática e a Artemisa son as protagonistas da sección de Fauna e Flora, e a escribenta das Canaveiras do apartado de Especies en Perigo. O monte de Nebra, en Porto do Son, onde se está a aplicar unha nova técnica de silvopastoreo con porco celta, impulsada por Asoporcel, será o monte sostíbel de referencia deste número.
Cerna 72 achega ademais algunhas escenas da vida dun dos fitos históricos do movemento ecoloxista e nacionalista en Galiza, Moncho Valcarce, o cura das Encrobas.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



