Mondoñedo 21 de xaneiro de 2015.- Novas Xeracións de Mondoñedo puxo en marcha o proxecto de voluntariado ‘Acompáñame’, a través do que se ofrece apoio social no Hospital San Pablo e na Residencia de Anciáns San Rafael.
A presidenta de Novas Xeracións de Mondoñedo, Bea Meilán, lembra que este proxecto nacía fai un ano da mans de Novas Xeracións e despois dos trámites necesarios iniciouse a primeira xornada o pasado sábado.
Bea Meilán explica que o proxecto ‘Acompáñame’ está destinado ó Hospital San Pablo e á Residencia de Anciáns San Rafael, ambos de Mondoñedo; e nel “ofrécese colaboración no apoio social ós seus residentes, dende charlar con eles, pasear, actividades de ocio e tempo libre, obradoiros… e calquera actividade que os centros crean oportuna”.
Así, a presidenta de Novas Xeracións informa que, despois dun ano de traballo e contando con 9 persoas voluntarias neste proxecto, “púxose en marcha o pasado sábado, 17 de xaneiro no Hospital de San Pablo, no que 4 voluntarios se acercaron ata o centro para coñecer as instalacións, ós traballadores e ós usuarios, compartindo con eles os primeiros paseos e os primeiros xogos”.
Por último, Bea Meilán valorou moi positivamente a primeira xornada deste proxecto e quixo agradecer a implicación e colaboración dos voluntarios a través desta iniciativa, que potencia o compromiso e impulsa a participación individual e colectiva no ámbito social da comunidade.