Os 12 atletas do Club Egovarros Viveiro obtiveron 8 metais no Campionato Provincial de Campo a través de veteranos organizado pola delegación de Atletismo de Lugo en Friol.
Manuela Guisasola obtivo a prata en W55 e na mesma categoría a súa compañeira Begoña de Arriba lograba o bronce despois de percorrer 3 km. María Luísa López tamén obtivo o bronce na súa categoría (W40).
E na categoría masculina, onde o percorrido constaba de 6 km de lonxitude, Antonio Hernández facíase co outo en M65 e o seu compañeiro Fernando Ramos coa prata en M60. En M50 Eliseo López tamén subía ó máis alto do podio xunto a Juan Menéndez que alcanzou a terceira posición.
Outro bronce para os atletas viveirenses chegou da man de José Ángel López, en M40.
Deste xeito, os atletas do club viveirense demostraron estar en forma pa afrontar a temporada que deu comezo con esta primeira proba do calendario da F.G.A.