A asociación cultural de Foz, A Pomba do Arco quere convidar a tódolos veciños e veciñas de Foz a participar o domingo 15 de febreiro ás 21.00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Foz a unha nova edición do seu famoso Touporroutou.
O evento estará dirixido e amenizado polo noso compañeiro Tono e os seus amigos, que declamarán, cantarán e recitarán tódalas coplas populares entregadas polos veciños.
Como queremos que este sexa un acto participativo e popular toda aquela persona que queira escribir unha copla, para que sexa recitada no Touporroutou, tan só ten que escribila e depositala unhas caixas que para ese fin foron colocadas nos seguintes bares de Foz: Muelle, Funcional, O Lar, Rambla, Chícaro, Regata, Acuario, Esquina, Anduriña, Leitón e May Ros. En cada un destes bares pódese depositar a copla e despois o día 15 ir escoitala coa voz e co humor de Tono e os seus amigos.
Neste Touporroutou tamén contamos ca presencia das Pandereteiras da Subela que amenizarán cos seus cantos este acto tan popular do Entroido de Foz. Agardamos poder contar co maior número de asistentes e disfrutar, tal e como facemos todos os anos, deste novo Touporroutou.