Finalizados o XI Campionato de España de tiro con arco en sala júnior, o resultado para Gabriel Galante Briones (aínda cadete) foi bo. De feito, mellor do esperado; xa que na súa primeira participación a nivel nacional na categoría júnior bate o seu récord persoal no formato de diana tripla vertical con 568 puntos, superando os 562 puntos obtidos neste formato de competición o 19 de xaneiro de 2014 no XV Campionato Galego de tiro en sala na categoría de cadete, arco recurvo.
Con este puntuación situábase na quinta posición tras finalizar as series clasificatorias celebradas o venres. O sábado celebrábanse os sets eliminatorios onde o seu contrincante, Antonio Tur Álvarez, da comunidade Balear, lle gañaba por un 6-0 moi apretado, xa que Gabriel non se deu por vencido en ningún momento, empatando o primeiro set. O segundo set gañábao o balear, pero no terceiro set Gabriel reaccionaba e gañaba o set empatando 3-3 a sets. No cuarto set toma vantaxe o balear gañándoo 5-3, e no quinto set Gabriel tiña de gañalo obrigatoriamente se quería seguir na competición, pero os nervios xogáronnlle unha mala pasada e, aínda que o resultado é moi bo, non é suficiente para seguir en competición, logra o empate do set pero con iso perde a eliminatoria 6-4.
Fóra xa de competición só queda esperar ó domingo xa que a súa puntuación foi a segunda mellor puntuación da expedición galega no campionato que o colocaba na competición por equipos. Miguel Alvariño García 578, Gabriel Galante Briones 568 e Vicente Veira Moreno 562 eran os arqueiros galegos que disputarían a eliminatoria por equipos, ocupando coa acumulación de todas as puntuacións a segunda praza logo da Comunidade Madrileña. Pero non puido ser. Unha pequena molestia nas costas retírao da competición por equipos onde o substituíu moi ben Daniel Castro Barcala.
No primeiro enfrontamento, o equipo galego gaña ó de Castela A Mancha por 5 puntos de set a 3. Logo vence á vasca cun contundente 6 a 0 e, xa na final, contra o equipo da Comunidade Madrileña os galegos só gañan un set perdendo por 6-2. Pero, trouxeron a prata para a nosa terra.
Disparouse o nivel de tiro con arco e entre as comunidades con maior nivel atópase Galicia. Proba disto son os resultados obtidos: primeiro posto en arco adaptado modalidade composto para Guillermo González, terceiro posto para Vicente Veira Moreno en arco recurvo sénior home e Iria Grandal en recurvo feminino. Cuarto posto (a tan só 2 puntos do terceiro) para Xaquín Mira en arco composto (poleas) masculino.
A vindeira fin de semana en Madrid, Gabriel terá unha nova oportunidade de medirse ante os arqueiros cadetes de toda España, no VIII Campionato de España de tiro con arco en Sala Cadete e menores de 14 anos. Xa na súa categoría, intentarase facerse co ouro.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
