A Pontenova, 10 de febreiro de 2015. A asemblea local do BNG na Pontenova aprobou o primeiro tramo da candidatura que concorrerá ás eleccións municipais de maio. Estará encabezada por Mónica Rancaño Freire, enxeñeira agrónoma de 34 anos que traballa como xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural 3, que engloba ao Concello da Pontenova. Entre os retos que se marcan está traballar contra o despoboamento, apostar por potenciar os recursos propios do concello como o sector agro-gandeiro, impulsar o comercio e hostalaría local, mellorar os servizos sociais, crear un centro de día e ordenar o territorio coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Mónica Rancaño Freire, é coñecedora das capacidades no desenvolvemento local que ten A Pontenova polo seu traballo como xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales no que se integran entre outros o concello da Pontenova por isto a candidatura que encabeza aposta por aproveitar os recursos propios do territorio como o sector agro-gandeiro e forestal, o sector turístico vinculado á pesca, patrimonio e natureza e o comercio e a hostalería local. Vinculado ao desenvolvemento local e as expectativas de futuro débese facer o esforzo para frear o despoboamento pola falta de oportunidades, neste sentido consideran que o actual goberno local non fixo nada para evitar a perda de poboación xa que o concello perdeu desde o ano 2007 case un 15% da súa poboación. Para o BNG na Pontenova outra das necesidades importantes é mellorar os servizos sociais e entre eles a creación dun centro de día para as persoas maiores.
A asemblea local aprobou por orde de lista a presenza das seguintes persoas na candidatura:
1.- Mónica Rancaño Freire, actual concelleira, enxeñeira agrónoma, xerente do GDR Montes e Vales.
2.- Xorxe Gómez Rico, responsábel local do BNG, perruqueiro.
3.- Carme Otero Ruiz, fisioterapeuta
4.- Manuel Rodríguez Méndez, labrego, membro da SAT Labregos de Lugo.
5.- Xián Rodríguez Puente,titulado en ciencias ambientais, 22 anos.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



