Foz, 20 de febreiro de 2015. A raíz das declaracións realizadas este xoves por Xaime Cancio nalgúns medios de comunicación, o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclarou este venres que Cancio e Unifoz autoexcluíronse do acordo para a modificación de crédito que permite ao Concello poñer en marcha iniciativas de promoción do emprego, porque votaron en contra do orzamento municipal para este ano 2015.
O rexedor municipal explicou que “a modificación de crédito, que foi a comisión onte e que irá a pleno a próxima semana, de 221.000 euros, permite, en base aos orzamentos municipais deste ano, xerar crédito para crear un plan de emprego de 140.000 euros, que vai ocupar a 15 persoas cun mínimo de 6 meses de contratación, máis outro programa para o fomento do emprego, co que se subvencionará a aquelas empresas que contraten a parados do concello de Foz con axudas que van dende 1.200 euros ata 2.300 euros, dependendo do contrato e do tipo de desempregado. Ademais incluso nos vai permitir o financiamento de partidas para mellorar a sinalización viaria e informativa do noso concello, arranxar tamén algún parque infantil e incluso investir 10.000 euros para acometer melloras na canceira municipal”.
Javier Castiñeira aclarou que “foron chamados os grupos de concelleiros que permitiron a aprobación dos orzamentos municipais de 2015, no mes de decembro do ano pasado, tal e como se prometeu naquel pleno. Non é lóxico que aqueles que votaron en contra e que se por eles fora estaríamos agora cuns orzamentos prorrogados do ano 2012, que se opuxeron a todo durante esta lexislatura, queiran agora participar na elaboración desta modificación de crédito. Polo tanto o señor Cancio e Unifoz, ou o PSOE, xa que agora é practicamente todo o mesmo, foron eles os que se illaron, pois quedou claramente explicado no pleno que aqueles grupos que se opuxeran á aprobación do orzamento municipal non ían participar na modificación de crédito. Quedou en acta o meu compromiso de que se se aprobaba o orzamento se presentaría esa modificación de crédito para atender as emendas que propuxeron os grupos. Polo tanto os que se illaron do resto da corporación son precisamente estes tres señores: Xaime Cancio, do Partido Socialista, e os dous concelleiros de Unifoz, que parece ser tamén son futuro PSOE. Polo tanto que non fagan demagoxia, pois levan illándose do resto da corporación durante moito tempo, xa que votan sempre en contra de todo, incluso de amortizar os créditos e posibilitar que este Concello estea a cero euros de débeda cos provedores e cos bancos. Isto posibilita que a día de hoxe poidamos ter estes plans de fomento de emprego cunha contía que nunca houbo ata agora. Non se lles chamou porque foron apercibidos de que se votaban en contra non participarían na elaboración da modificación de crédito e aínda así fixérono. O que non se pode é, como se di vulgarmente, querer comer a dúas meixelas: por un lado votar en contra do orzamento municipal e, por outro, cando veña a modificación de crédito votar a favor, como van facer agora. Isto parece bastante vergonzoso por parte duns concelleiros que votaron en contra dos orzamentos municipais”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



