Santiago, 18 de febreiro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde, co voto favorable dos socialistas e a abstención de BNG e AGE, unha iniciativa do Grupo Popular instando á Unión Europea a vetar no mercado comunitario o peixe espada procedente de Vietnam, sempre e cando non cumpra os requisitos en materia de pesca ilegal, non declarada ou non regulamentada.
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, aclara que a prohibición das importacións, acordada para España o pasado mes de xuño, ten sentido xeneralizala ao conxunto da Unión Europea namentres este país asiático achegue ao mercado comunitario máis produto do que declara capturar ante as organizacións rexionais de pesca, o que repercute negativamente no seu prezo e crea distorsións anticompetitivas no mercado deste especie.
Defensa da flota de palangre
Os populares insisten na necesidade de adoptar medidas en defensa da flota de palangre de superficie integrada por máis de 180 barcos, dos que uns 150 teñen porto base en Galicia, en especial en localidades como A Guarda, Burela e Vigo. Só durante 2014 descargáronse 772.797 quilogramos de peixe espada nas lonxas galegas, o que supuxo unha facturación próxima aos 4,5 millóns de euros.
Balseiro lamentou que o BNG non aceptara engadir a súa emenda á iniciativa do Grupo Popular, na que se insiste na necesidade de evitar importacións de produtos extracomunitarios que non cumpran os requisitos en materia hixiénico-sanitaria, socio-laboral e de pesca ilegal non declarada e regulamentada que si cumpren a flota e a industria de transformación galega.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



