Burela, 13 de marzo de 2015. Música, exposicións e actividades para @s máis pequen@s son algunhas das propostas da programación cultural do Concello burelés para a primavera deste 2015. O calendario de actos foi presentado este mediodía pola concelleira Mónica Pedre e polo alcalde, José Mª González Barcia. Todas actividades serán na Casa da Cultura.
O 11 de abril ás 17.30 horas a compañía Elefante Elegante porá en escena o espectáculo Lobo Bobo. O 17 de abril ás 20.30 horas haberá un concerto da Coral Polifónica de Burela. O 18 de abril, de novo ás 17.30 horas, os nenos e as nenas poderán gozar unha obra musical con bonecos a tamaño real. A compañía Educa Teatro chega a Burela co espectáculo Os tres porquiños. E o 25 de abril, tamén ás cinco e media da tarde, haberá un contacontos a cargo de Pablísimo, que deleitará ao público con infantil co seu Contiario.
En maio o día 9 a maxia inundará a Casa da Cultura a partir das 17.30 horas. Máxico Sons é un espectáculo de maxia con música en directo a cargo de Álvaro Muras e Martín Camiña. O 16 de maio ás 20.30 horas celebrarase p XXVII Aniversario e Festival das Letras Galegas a cargo da Coral Polifónica de Burela. E o 30 de maio, ás 21.00 horas, arrincarán as festas patronais de Burela coa lectura do pregón.
Mónica Pedre adiantou algunha das actividades previstas para xuño. O 27 ás oito da tarde haberá un concerto especial de jazz para celebrar o quinto aniversario da Burela Blues Band.
Durante esta primavera a sala de arte da Casa da Cultura acollerá varias exposicións. En abril terá lugar a Semana da Arte Plástica Galega da Mariña, na que se poderán ver traballos dos nenos e nenas dos CEIPs Vista Alegre, Virxe do Carme e Fondo Nois e d@s alumn@s do bacharelato de artes do IES Monte Castelo. E en maio poderase ver unha exposición de pintura de Hipólito Xeada Pena.
Mónica Pedre anima “a todos os veciños e veciñas de Burela a asistir a algunhas das actividades que organizamos ao longo dos vindeiros meses. Temos propostas para todos os públicos, que agardamos que sexan do seu agrado”.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



