Gato Pardo venceu por 9 goles a 1 ante o Juve Chavín na décimo sétima xornada da temporada 2014/2015.
E o resto dos resultados da xornada foron:
Fórum 2 – 10 Flanagans
O Recuncho 2 – 2 Cofipesca
O Mesón 4 – 3 Mesón A Fonte
Low Cost Bar 1 – 3 Óscar Joyeros
Temple Bar 0 – 3 A Curva
Xornada 18
A vindeira xornada mediranse dous dos tres primeiros equipos da clasificación: Óscar Joyeros (terceiro da táboa con 40 puntos) e Gato Pardo (líder con 46 puntos). M;entres, o outro dos equipos goleadores da última xornada, Flanagans, descansa.
Juve Chavín – O Recuncho: luns 16 de marzo ás 20.30 horas.
Óscar Joyeros – Gato Pardo: luns 16 de marzo ás 21.15 horas.
Low Cost Bar – Forum: luns 16 de marzo ás 22.00 horas.
Cofipesca – O Mesón: xoves 19 de marzo ás 20.30 horas.
A Curva – Mesón Lodeiro: xoves 19 de marzo ás 21.15 horas.
Mesón A Fonte – Temple Bar: xoves 19 de marzo ás 22.00 horas.
Descansa: Flanagans























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
