02 de marzo de 2015. Axentes da Garda Civil denuncian a dous veciños de Valdomiño (A Coruña) como supostos autores de furtivismo marítimo.
Os feitos ocorren na proximidade da Punta da Cruz (Asturias) cando axentes do Seprona da Comandancia de Lugo observan a dúas persoas collendo percebes nas rocas a altas horas da noite, incumprindo a normativa por non estar dentro da franxa horaria establecida pola Administración para a extracción de devanditos especímenes, polo que se sospeita que poida tratarse de furtivos que realizan a actividade clandestinamente.
En torno ás 23.30 horas obsérvase como os individuos finalizan a recolleita dos percebes e se dirixen a un turismo de cor branca, oculto nas inmediacións do lugar, e introducen as capturas no maleteiro.
Ás 23.40 horas identifícase aos ocupantes do vehículo cando circulan á altura da ponte dos Santos en dirección a Lugo, observando no interior do turismo diverso material que se utiliza para a captura dos percebes.
Verifícase que estas persoas carecen de autorización para a captura dos citados especímenes, realizando así mesmo a extracción en horario nocturno non autorizado, procedendo ao decomiso de 23 quilogramos de percebes e ás artes, medios empregados e o vehículo utilizado na comisión destes feitos, facendo entrega das capturas decomisadas no asilo de anciáns da localidade de Ribadeo (Lugo).





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



