Preto de 150 nenos de entre 3 e 12 anos acompañados dos seus profesores e co apoio de profesionais de Alcoa e dos servizos municipais, plantarán este luns 16 de marzo, 300 árbores de especies autóctonas en montes públicos de Cervo. Esta actividade que forma parte do proxecto de reforestación patrocinado por Fundación Alcoa para recuperar o bosque atlántico na zona.
En total, está previsto participen 45 nenos do CEIP Cervo de Educación Infantil e 100 do os CEIP Nº 1 de Primaria, que contarán coa axuda dos alumnos de Formación Dual do Concello, cuxo programa se centrará no coidado do medioambiente e a conservación forestal, ademais do responsable do área de Alcoa San Cibrao, Brugo Salgado. Así mesmo, está previsto asistan o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
A plantación desta actividade educativa, que terá lugar en parcelas de Lieiro, forma parte do programa anual de reforestación patrocinado por Fundación Alcoa, que se completará ao longo desta semana coa plantación de 3.000 árbores máis de especies autóctonas como castaño, carballo, aliso, bidueiro, avellano, fresno, piñeiro, madroño, loureiro, haia ou acivro en terreos de titularidade municipal na Escarabelada, próxima á plantación realizada en 2014, e en O Macho.
Esta campaña é continuación da desenvolvida nos últimos anos, con participación de Voluntarios de Alcoa, veciños de Cervo e alumnos da Escola Forestal de Lugo.
A reforestación persegue a recuperación do ecosistema do bosque atlántico mediante a plantación de especies autóctonas en substitución do eucalipto, o que favorece a rexeneración do chan e do hábitat local autóctono.
Este proxecto forma parte dunha selección de proxectos patrocinados por Fundación Alcoa en distintas partes do mundo e en diversos ecosistemas para plantar 10 millóns de árbores ata 2020. Estímase que estas árbores teñen capacidade para absorber 250.000 toneladas de dióxido de carbono ao ano ao longo da súa vida. Os proxectos de reforestación como o de Cervo cumpren tamén cunha variedade de obxectivos críticos, como a restauración do hábitat de vida silvestre, o incremento do almacenamiento de carbono a través dos bosques para combater o cambio climático e o uso das árbores para a purificación de auga e aire.
Estes obxectivos son compartidos pola organización que xestiona o proxecto en España, Ardilla Connecting Life, que se propuxo conectar os bosques de España e Europa a través dunha rede de corredores verdes, loitando contra a deforestación, a desertización e a perda de biodiversidade que provoca o cambio climático. Ardilla desenvólvese no marco de Plantemos para o Planeta, entidade sen ánimo de lucro, cuxa misión é a captación de financiamento para a restauración de espazos naturais mediante a colaboración público-privada entre administracións públicas e empresas responsables. En España desenvolveron a campaña do mesmo nome, organizada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, fomentando a plantación de máis de 47 millóns de árbores.
Fundación Alcoa é unha organización que se sustenta dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. Contribúe a mellorar e *fortalecer as oportunidades en educación, asistencia médica, desenvolvemento cultural, medio ambiente e calidade de vida dos habitantes das comunidades onde Alcoa está presente.




















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



