Catrocentos estudantes de dez Institutos de Ensino Superior de Galicia participan este ano na décima terceira edición de RetoAlcoa, programa educativo de formación empresarial para mozas de entre 15 e 19 anos, patrocinado pola Fundación Alcoa e xestionado por Junior Achievement España.
En total, participan 252 equipos de 28 centros educativos de distintas comunidades de España, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas asignaturas de matemáticas, administración de empresas e economía.
Os estudantes dos centros galegos inscritos cursan estudos en IES de Sabón en Arteixo (6 equipos), Marqués de Sargadelos de Cervo (1), Sofía Casanova de Ferrol (19), Eusebio da Garda da Coruña (24), A Pinguela (3) e Río Cabe de Monforte de Lemos (12) , Dionisio Gamallo de Ribadeo (11), Xoán Montes de Lugo (4), David Buján de Cambre (13), e Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives (2).
O programa compleméntase co seminario “Habilidades para o Éxito” que se desenvolverá tanto na Coruña e na comarca de San Cibrao para estudantes de ambas comunidades, nos que profesionais e directivos de diferentes áreas do mundo empresarial compartirán cos mozos as súas experiencias profesionais e aspectos prácticos para facilitar a incorporación ao mundo laboral.
Patrocinado por Fundación Alcoa e organizado por Junior Achievement, RetoAlcoa ten como obxectivo estimular o espírito emprendedor dos máis novos, axudar a prepararlles para a súa incorporación ó mundo laboral mellorando a súa educación financeira a través de programas educativos baseados na metodoloxía “Aprender Facendo”.
O programa ofrece ós participantes a oportunidade de actuar como xestores dunha empresa ficticia sobre a que han de tomar as decisións que marcan o día a día no mundo real dos negocios, mellorando así a súa formación en xestión empresarial nun contexto de competencia económica e valores éticos.
O software deseñado para este programa educativo permite que os estudantes comproben como afectan á súa compañía ficticia as decisións que toman en canto ao prezo do produto, o investimento en investigación ou o gasto en publicidade, entre outros aspectos. Ademais, o programa está deseñado para que o seu desenvolvemento resulte unha competición emocionante e atractiva.
Tutelados e guiados polos seus profesores, cuxa involucración é imprescindible para que o programa cumpra os seus obxectivos educativos de xeito óptimo, os estudantes teñen que superar dúas roldas eliminatorias para pasar á final que reúne ós equipos finalistas en Madrid.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



