A Mariña, 26 de marzo de 2015.- CIG Saúde A Mariña sinala que o Hospital da Costa está colapsado e sen camas dispoñibles, con persoas adultas ingresadas no Servizo de Pediatría, o que provocou o traslado e ingresos de doentes mariñaos no HULA na madrugada do mércores para o xoves co conseguinte trastorno que provoca para os doentes mais tamén para as súas familias que se ven obrigadas a desprazarse a Lugo.
A CIG-Saúde critica a falta de actuacións da dirección para pór remedio a unha situación que “provoca frustración de doentes, familias e persoal”. “A única cuestión que parece clara e indiscutíbel é que a ampliación real e inmediata é unha necesidade indispensábel para garantir unha atención sanitaria de calidade e de proximidade na Mariña”.
Nefasta xestión da xerencia e a Consellería de Sanidade
Dende o 2009 “o goberno do PP leva vendendo a ampliación do Hospital da Costa pero pasaron seis anos de promesas repetidas sen que invertesen o máis mínimo esforzo en adaptar o centro á realidade da comarca, un hospital con 130 camas para atender as necesidades asistenciais de máis de 72.000 habitantes, algo claramente insuficiente”, sinalan.
Cando se anunciou a integración do Hospital da Costa en Lugo, co rexeitamento da cidadanía, do persoal sanitario e deste sindicato nacionalista, dende o SERGAS e o Partido Popular aseguraron que o modelo de Xestión Integrada achegaría a sanidade ás mariñás e aos mariñaos e evitaría desprazamentos innecesarios a Lugo. A realidade hoxe é ben distinta e “cada vez máis usuarios e usuarias da sanidade pública da Mariña vense obrigados non só a viaxar a Lugo para realizar probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, senón tamén a ingresar no HULA por falta de espazo e de camas no centro mariñao”, denuncian.
Para o sindicato nacionalista todo isto e consecuencia dos recortes na sanidade, da implantación da Xerencia Integrada que supuxo a perda de recursos económicos, materiais e humanos para a Sanidade da Mariña e a falla de compromiso real do SERGAS coa sanidade pública da Mariña, que non vai máis aló do anuncio de Plans Directores e visitas propagandísticas da Conselleira de Sanidade e o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que nunca culminan cunha ampliación real do centro mariñao.
Dende CIG Saúde A Mariña esixen unha vez máis a derrogación do Decreto de Xestión Integrada, a ampliación real e inmediata do Hospital da Costa e unha axeitada planificación de camas para garantir unha sanidade de calidade na comarca de A Mariña.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



