Ribadeo, 26 de marzo de 2015.- O Concello, a través da OMIX, organiza diversas actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo durante a vindeira Semana Santa.
O luns, 30 de marzo, de 11 a 13:30 horas no Cantón haberá deportes: 3×3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17:30 horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado Xente miuda, moita fartura.
O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que “se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día”.
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



