Lourenzá, 9 de marzo de 2015. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla informativa sobre o funcionamento do Bando de Terras este venres, día 13, ás 20.30 horas. Correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo de BANTEGAL Carlos Díaz Redondo.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou que “seguindo co ciclo de charlas que mensualmente fai o Concello, este venres, día 13, ás oito e media da tarde teremos un acto moi importante tanto para agricultores como para gandeiros e tamén para aquelas persoas propietarios de terras que non as utilicen na actualidade. A charla leva por título O Banco de Terras: o seu funcionamento e estará impartida por un enxeñeiro agrónomo do BANTEGAL, Carlos Díaz Redondo”.
A rexedora municipal explicou que “é moi importante que a xente que estea en activo acuda a esta charla posto que desta maneira saberá que ten que facer para demandar terreo para incrementar a base territorial da súa explotación agrícola ou gandeira. E, por outro lado, todas aquelas persoas que teñan terras que nestes momentos estean abandonadas ou que non teñan capacidade para traballalas terán a oportunidade de incorporalas nesta base de datos do banco de terras para que algunha persoa que poida necesitar terras para incrementar a base territorial poida acceder a elas. Durante a charla indicarannos como se pode facer para incorporalas, que hai que facer para solicitalas e tamén resolverán dúbidas como por exemplo o tempo polo que hai que arrendalas ou o prezo e demais preguntas que poidan xurdir”.
Emma Álvarez engadiu que “esta charla é moi importante nesta época do ano posto que o pasado 1 de marzo abriuse o prazo para solicitar fincas que están xa a día de hoxe inscritas no Banco de Terras. Por iso nos parece moi oportuna”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



