Este domingo, 29 de marzo, haberá teatro en Barreiros. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18 horas o grupo O Bordelo representará a obra de Francisco Piñeiro O reparto. A entrada é gratuíta. E con esta posta en escena “celebraremos o día internacional do teatro”, explican desde o Concello barreirense. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
‘O reparto’ en Barreiros con O Bordelo
‘O reparto’ en Barreiros con O Bordelo
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162