Cervo, 5 de marzo de 2015- O Concello está levando a cabo un plan de mellora nas pistas e camiños de San Román coa colaboración da Comunidade de Montes e os veciños da parroquia en xeral. Un conxunto de actuacións que se están levando a cabo utilizando material cedido polos veciños e pola Comunidade de Montes.
En concreto, esta semana comezaron os traballos para reparar o camiño que une Vilaestrofe coa ponte vella, na parroquia de San Román. Unha vía que estaba caendo en desuso polo seu mal estado de conservación e que con estes traballos volverá a estar transitable. Ata o lugar desprazáronse o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o alcalde pedáneo da parroquia, o presidente da Comunidade de Montes e veciños da zona, que comprobaron o avance das tarefas.
Dentro deste plan tamén se incluíron os arranxos nos camiños forestais do Cebadoiro e O Carril, na mesma parroquia, que tamén se realizaron con material da mina. Desta maneira, Soto aproveitou para darlles as grazas tanto á Comunidade de Montes como os veciños da parroquia “pola súa colaboración, porque así, entre todos, seguimos mellorando o noso concello”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



