O auditorio da Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei acollerá este sábado 7 de marzo a partir das 21.00 horas un concerto do grupo Os Minhotos, acompañado vocalmente do grupo de cantareiras As Zoelas. Será no marco do ciclo musical “Concertos na intimidade: de corazón a corazón”, incluído dentro da programación trimestral de actividades coa que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos quere facer da casa natal do escritor chairego un espazo “en constante movemento” de propostas culturais dirixidas “a un amplo público de todas as idades e todos os intereses”, en palabras do secretario da entidade, Alberte Ansede.
A música tradicional será a indiscutíbel protagonista desta entrega de inverno dos “Concertos na intimidade” a través dos temas dos Minhotos, que combinan no seu repertorio o arranxo de temas tradicionais con outros de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes doutras formacións.
Co acompañamento vocal das oito mulleres das Zoelas, conxunto de recente creación en vías de se consolidar como proxecto musical independente após nacer dentro dun grupo de música tradicional orixinario do concello de Antas de Ulla, Os Minhotos interpretarán, alén doutros, os temas do seu disco “Pinga d’auga”.
Os Minhotos combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas, mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio é variado e alterna a música de autor coa tradicional. En palabras do conxunto: “Os Minhotos é o resultado do aprezo de cinco músicos galegos pola música do seu País: Galiza; sen aditivos, tanto na forma coma no fondo”.
O prezo xeral das entradas deste “concerto na intimidade” do sábado é de 5 €, sendo gratuítas para todas as persoas “nacidas neste século”, tamén como xeito de facilitar o achegamento da xente máis nova á nosa música tradicional. As entradas pódense reservar a través do correo-e fundacion@manuelmaria.com ou telefonicamente a través do teléfono 698 177 621. A xente deberá retiralas o mesmo sábado na Casa-Museo entre 1 hora e 15 minutos antes do inicio da actuación: a partir dese momento, poranse á venda entradas ao mesmo prezo para quen non tiver reserva previa feita, sempre e cando aínda houber aforo dispoñíbel. Cabe recordar que o aforo do auditorio da Casa de Hortas é limitado, polo que se recomenda reservar previamente.
Por cortesía dos Minhotos, todas as persoas asistentes ao concerto recibirán un pequeno agasallo de recordo que se dará a coñecer durante a actuación.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



