O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Viveiro, a través do seu portavoz Antonio J. Bouza Rodil, presenta unha moción relativa á baixada do tipo impositivo municipal do IBI urbano.
No Pleno extraordinario celebrado o 10 de novembro de 2011 e cos votos favorables do entonces goberno municipal PSOE-BNG e o voto en contra do PP, procedeuse a suba do tipo de gravamen municipal sobre o IBI urbano ó máximo permitido , quedando establecido no 0,79%.
Dado que últimamente aumentou considerablemente o número de inmobles e nalgúns casos se incrementou o seu valor catastral, isto supuxo un aumento significativo da recaudación municipal, amén do aforro que supón a eliminación dos intereses da débeda orixinada polo Plan de pago a proveedores, o que lle vai supor o concello un aforro notable neste ano 2015 e nos sucesivos o ter que amortizar so o principal.
Non habendo ningún tipo de proxecto que esixa e xustifique a necesidade deste incremento recaudatorio, non ten ningún tipo de xustificación o gravar máis ós propietarios vivairenses, motivo polo que propoñemos a baixada do tipo de gravamen do 0,79 ó 0,69, de ahí que reiteremos a nosa petición xa feita nos plenos do 10 de novembro de 2011 e 1 de outubro de 2012 de baixar este tipo impositivo do IBI urbano.
Desta maneira contribuiremos a aliviar a carga impositiva dos veciños de Viveiro, o memso tempo que mantemos o xa manisfestado por este grupo municipal, en diversas ocasións de recortar en gasto corriente, feito que non so pide o PP , senón que tamén son recomendacións que se fan desde a intervención municipal , sin que por isto se vexa afectado o gasto social.
Por todo isto solicitan o acordo do Pleno para “deixar sen efecto a suba do IBI aprobada o 10 de novembro de 2011, rebaixando e establecendo o tipo impositivo de IBI urbano do 0,79% ó 0,69%, tal e como o noso grupo solicitara nos anos 2011 e 2012”.