Bruxelas, 25 Marzo de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, salientou hoxe dende Bruxelas o “importante debate” sobre a simplificación da Política Agraria Común (PAC) que tivo lugar onte durante a sesión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, da que a deputada galega é coordinadora para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
En relación á “simplificación” proposta pola UE, Lídia Senra trasladou onte ao Comisario de Agricultura Phil Hogan que dita simplificación da PAC debería supoñer “eliminar burocracia, eliminar trabas e axudar a que os labregos e labregas teñan moita máis facilidade á hora de solicitar os expedientes”. Aliás, demandou que estes expedientes “se volvan facer dentro da Administración, nas oficinas agrarias comarcais, e de maneira gratuíta”, condicións que non se están a cumprir neste momento.
Por outra banda, denunciou a eurodeputada de AGEe, as medidas de flexibilización ás que se poden acoller os Estados están a ser empregadas polo Estado español “para eliminar as axudas das pequenas explotacións”, é dicir, xustamente as explotacións que perciben menor contía de axuda, xa que “pretenden eliminar da percepción de axudas da PAC a todas aquelas ás que lles corresponda menos de 300€ “. Estímase que aproximadamente 15.000 explotacións na Galiza, unhas 30.000 en todo o Estado, ficarían excluídas destas axudas.
A eurodeputada de AGEe aseverou que este plantexamento “é totalmente inasumíbel para nós”, polo que na súa calidade de titular para a Comisión de Agricultura do GUE/NGL transmitiu a necesidade de que a flexibilización “non se utilice para eliminar ás explotacións máis pequenas”, e reivindicou que dita simplificación da Política Agraria Común tense que facer “para facilitarlle a vida aos labregos e labregas que teñen que facer a solicitude da PAC “.
Asemade, lonxe de avanzar nunha simplificación da enorme burocracia que caracteriza a relación entre as labregas e labregos e os procedementos da PAC, a tramitación da mesma está a ser cada vez máis compricada e cada vez máis afastada das institucións públicas.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



