RIOTORTO, 24 DE ABRIL DE 2015.- A asemblea do PSdeG-PSOE de Riotorto aprobaron, por aclamación, a candidatura que se presentará para ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio e que está encabezada por Emilia Seoane.
Ante esta aprobación, o secretario xeral da agrupación local –José García- indicou que están moi satisfeitos e que “só nos queda seguir traballando como estes últimos dous mandatos, por e para os veciños de Riotorto”. A alcaldable socialista comparte tamén esta satisfacción pola súa candidatura, e indicou que “seguiremos traballando por conseguir investimentos e dotar de novos servizos ao concello, o que continuará a mellorar a calidade de vida dos veciños, sobre todo no rural, que a fin de contas é o noso obxectivo”.
Emilia Seoane afirmou que “queremos gobernar Riotorto contando coa participación dos veciños na vida política do Concello e garantir totalmente a transparencia na información”. E a candidata comezará a traballar nesta liña dende o primeiro momento, xa que anuncia que “imos facer unha campaña próxima, porta a porta, co fin de coñecer de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas para, así, poder resolvelas cando gobernemos”.
Santín e Méndez coa candidatura
A lista da candidatura completa do PSOE de Riotorto será presentada mañá, sábado 25 de abril, nun acto no que participarán o secretario Provincial –Juan Carlos González Santín- e a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo –Lara Méndez-. Este evento terá lugar ás 20:00 horas no Centro Sociocultural do municipio.