Lugo, 28 de abril de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, defendeu na mañá deste martes que os gandeiros o que queren oír é solucións mentres lamenta que aos socialistas, a través desta iniciativa, o “único que lles interesa é facer política”.
“Os nosos gandeiros merecen dun esforzo de todas as forzas políticas para chegar a acordos firmes e fortes que trasladen con contundencia a petición de melloras dos prezos do leite”, matizou Candia, quen trasladou estas afirmacións como coñecedora das preocupacións que invaden ao campo.
Pola contra, os socialistas presentaron unha iniciativa, “na que fan máis fincapé na consellería correspondente que no propio sector”, e cuxa aplicación dalgún dos puntos dacordo poderían, incluso, derivar en sancións”. Porén “o interese da popular é o de ser contundentes na petición de melloras dos prezos competitivos e da estrutura comercial”.
A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular tamén lle recriminou aos socialistas que non fixeron nada “nin cando o prezo se desplomaba nin agora” e lembroulles que a falta de escenario normativo que achacan os socialistas deriva dunha decisión ratificada no 2007 co PSOE no goberno estatal e no autonómico; que mentres tiñan responsabilidade de goberno, reduciuse o prezo do leite, por exemplo, en 21 céntimos entre 2007 e 2009.
Pola súa banda, a popular tamén defendeu o traballo desenvolvido tanto dende a Consellería como dende o Ministerio que xa están a desenvolver algunhas das peticións recollidas na iniciativa, mentres que outras xa son unha realidade, como dar cumprimento a responsabilidade de dotar mecanismos de negociación.