O Burela FS Pescados Rubén brillou no derbi comarcal fronte ao Superti A Pontenova, impoñéndose a domicilio 1-4, con dobrete de Pancho, xunto a Dani e Alemán, nun inicio meteórico da segunda parte.
Co marcador impasible no primeiro período, tras o descanso os laranxas saltaron á pista a por todas. Antes do minuto 22, os da costa xa vencían por 0-3. Os locais conseguiron reducir distancias, pero Alemán volveu poñer terra por medio co definitivo 1-4.
A Estrada
O cadro de Juanma retomará a liga o 11 de abril, na casa, coa visita da Estrada FS, segundo clasificado (45 puntos).
Ficha técnica
Superti-A Pontenova FS: César, Santiago, Keko, Xoel, Roberto, cinco inicial; tamén xogaron Diego (1), Arón, Fidel e Miguel.
Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Daniel (1), Pancho (2), Aitor, Rafa, cinco inicial; tamén xogaron Rubén, Alemán (1), Jorge, Riveiro, Javi Fajardo, Borja.
Árbitros: Álvarez López // Corral Martínez (Lugo).
Tarxetas: Por Superti amarelas a Xoel, Fidel e Diego. Por Burela FS amarelas a Rafa, Pancho e Alemán.