Barreiros, 23 de abril de 2015.- O alcalde, Alfonso Fuente, considera que non é nos medios de comunicación onde debe falarse do expediente de investigación que lle afecta á portavoz do BNG no Concello, Ana Ermida. Fuente Parga di que iso debe facerse no pleno, e que así de fará o vindeiro luns, 27 de abril, e subliña que cando se presenta unha denuncia a obriga de calquera alcalde é abrir ese expediente de investigación.
O rexedor dixo: “excusatio non petita, accusatio manifesta é o que se meu veu esta mañá á cabeza ao ler a prensa, porque iso está dentro de algo que xa se anunciara no pleno no se día, cando se falou do expediente ao tenente de alcalde. Díxose que calquera expediente que se abrira no Concello que afectara a calquera membro do pleno da Corporación daríase conta no pleno, pero para nada era a miña intención que saíra nos medios de comunicación. Pero vexo hoxe que sae o Bloque Nacionalista Galego acusándonos de prácticas mafiosas. Se abrir un expediente cando hai unha denuncia se considera unha práctica mafiosa, que veña Deus e o vexa, porque esa unha obriga de calquera alcalde. Cando alguén presenta un escrito de denuncia o alcalde, despois da investigación previa, ten que decidir se abre ou non expediente”.
Fuente Parga refírese “ao que din nesa noticia de que hai 12 expedientes e só se abriu un, iso é falso porque a maioría dos expedientes de denuncias que houbo eran sobre solo rústico e estes quen os abre é a Axencia de Legalidade Urbanística porque o solo rústico todo o mundo sabe que depende directamente da Xunta de Galicia. En cambio os expedientes sobre solo de núcleo ou urbano dependen única e exclusivamente do Concello”.
Ao alcalde sorpréndelle que “a portavoz do BNG, Ana Ermida, diga que non ten coñecemento do expediente ata que recibe a convocatoria do pleno porque o día 6 de abril se lle notificou o expediente e está firmado o acuse de recibo no Concello. Polo tanto o día 6 deste mes tivo coñecemento dese expediente e de feito está a disposición ata o día 25 de abril”.
Alfonso Fuente sinala que “cando se di que só realizaron obras para facer un peche e arranxar unha palleira para garaxe, non fai falta que o diga eu porque está á vista que houbo máis obras, pero todo isto recóllese no expediente, do que non vou falar ata o pleno, porque quedaramos en dar información no pleno, para que todos os membros da Corporación saiban todo o que afecta aos concelleiros. Un ten que ser consecuente coas súas accións e evidentemente a obriga do alcalde é que cando hai unha infracción urbanística ou de calquera tipo se lle corresponde abrir expediente ten que facelo, sexa no prazo e na época que sexa. E así se fixo, pero isto non quere dicir que remate xa, porque haberá unha instrución e prazo de alegacións, porque hai que seguir o procedemento legal”.
O alcalde manifestou: “entón do que é o expediente daremos conta no pleno do vindeiro luns; aí é onde se falará do que consta no documento, porque eu creo que nos medios de comunicación non é onde debe debaterse un expediente, senón que é o pleno da Corporación, como así se acordou no seu momento. Non obstante, ás persoas afectadas nese expediente xa se lles foi notificado o día 6 de abril. Polo tanto cando din que o descoñecían é mentira”.
Alfonso Fuente considera que “antes de atacar á persoa que abre o expediente haberá que analizar o fondo do asunto, polo que considero que iso que dixeron é grave. Incluso me sorprende ao ler a noticia que a señora Ana Ermida xa di que pode haber algunha irregularidade. Eu non o dixen, estao dicindo ela e ao mellor ten razón, pero eu non dixen nada diso; eu simplemente o que fixen foi abrir un expediente de investigación baseado nun informe técnico que se me pasa para decidir a apertura ou non. En canto ao retraso, este expediente foi á Axencia da Legalidade Urbanística, que llo comunicou ao interesado, pediu informe ao Concello e no momento que sabe que recae sobre unha construción en solo de núcleo ou urbano traslada o expediente ao Concello para que decida se abre ou non ese expediente para investigar se se cometeu algunha irregularidade ou ilegalidade”.
E engadiu: “ademais ao abrir unha rúa atópanos con que hai un muro no medio da vía, o que tamén deu pé a ver que algo puido pasar. Polo tanto hai varias cousas relativas a este asunto. E cando existe unha denuncia dun particular se o alcalde non procedera a abrir ese expediente evidentemente sería o alcalde quen estaría incumprindo a lei e cometendo un delito, ao non atender unha denuncia de calquera particular. Todas as denuncias hai que tramitalas, esa é unha obriga de calquera alcalde, sexa do partido que sexa e gústelle ou non a quen sexa”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



