Burela, 23 de abril de 2015.- A máxima goleadora do CD Burela FS Pescados Rubén, Patricia González Mota, máis coñecida como Peque, cumprirá a súa quinta tempada en Burela. A ala-pivote madrileña formalizou o acordo de renovación esta tarde, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila, que celebraron a continuidade da internacional con España como “garantía de solidez dun proxecto que conseguiu posicionarse entre os mellores de España con moito traballo e compromiso”.
“Todo foi moi doado. Eu quería quedarme e o club tamén apostaba por min, así que chegamos a un acordo axiña” explicaba Peque, puntualizando que “este ano, a diferenza doutros, si que escoitei outras ofertas, de equipos de España, pero a miña primeira opción sempre foi Burela”.
A laranxa tamén falou con ilusión da recta final de liga. “Fáltannos un par de pasiños para a clasificación matemática para a Copa. Levamos toda a tempada pelexando contra as ausencias, pero conseguirémolo e loitaremos pola Copa como último gran reto da tempada”.
Torneo Amigable de Moscova
A pichichi mariñá defenderá a España no IV Torneo Internacional Amigable ‘9 de maio’ de Moscova (3-10 de maio). “O ano pasado non puiden participar na cita por motivos académicos así que estou moi contenta de ter unha nova oportunidade de competir en Moscova. Iremos con ganas de sacar o mal sabor de boca do mundial” explicaba a internacional no día da súa renovación co Burela FS Pescados Rubén.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
