Lugo, 30 de abril de 2015.- O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presidiu na tarde deste xoves na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo a inauguración da exposición ‘Pintura Galega Contemporánea. Colección de Álvaro Gil Varela’. No acto tamén participaron Carlos López Gil, representante da familia Álvaro Gil; Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial; e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo. Lago e Balseiro son as coordinadoras desta mostra.
Mario Outeiro felicitouse de que, despois do regreso da colección de ourivería prerromana de Álvaro Gil, “os veciños e veciñas de Lugo e a súa provincia poidan tamén gozar agora desta colección de pintura, que se enmarca na colaboración que se asinou hai xa case tres meses cos herdeiros do filántropo lucense. Estamos moi contentos desta colaboración e da boa sintonía que existe na actualidade coa familia Álvaro Gil”, salientou o responsable de Cultura e Turismo do organismo provincial.
Outeiro explicou que esta exposición “componse dunha selección de 61 obras de 21 autores, cuxa produción abrangue os séculos XIX e XX. Trátase de relatos, paisaxes ou escenas costumistas sobre diversos soportes, elaborados con diversas técnicas, desde o gravado ata óleos, acuarelas, mixtas, entre outras”, afirmou.
Castelao ou Laxeiro, entre outros
Finalmente, o responsable de Cultura enumerou os artistas representados nesta exposición de pintura galega contemporánea de Álvaro Gil. “Xunto a Julia Minguillón, a única muller, poderanse contemplar obras de pintores tan notables como Baixeras Verdaguer, Agustín Redondela, Alfredo Souto, Arturo Souto, Amando Suárez Couto, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Llorens, Carlos Maside, Colmeiro, Castelao, Corredoira, Dionisio Fierros, Tino Grandío, Jenaro Pérez Villamil, José Frau, Juan Luis López García, Seoane, Pacios, Laxeiro e Luís Mosquera Gómez”, concluíu.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



