A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 1, 2 e 3 de maio no Centro Comarcal A Mariña Central, dentro do programa de formación que AGA está levando a cabo durante esta primavera por toda Galicia.
Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados. A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas.
O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica. Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.
No programa está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.
Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a aga@queixoemel.org. O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



