A Mariña, 8 de abril de 2015. O BNG na Mariña levará aos plenos municipais unha moción na que insta ás corporacións locais a rexeitar o Real Decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, por medio do que o goberno do Estado pretende pasar os actuais rexistros civís a mans dos rexistros da propiedade e mercantís.
Para o BNG “este traspaso supón, de feito, privatización dun servizo público e gratuíto que presta funcións indispensábeis para a vida diaria das persoas, como a inscrición de nacementos ou falecementos, cambios de nome ou sexo, estado civil, etc.”
A responsábel comarcal nacionalista afirmou que “este é outro paso para alonxar os servizos das persoas e impedir o seu acceso libre a cuestións fundamentais para trámites tan habituais como pensións, prestacións de servizos sociais ou axudas públicas. No caso da Mariña aínda é máis grave, porque a previsión é que o rexistro se asuma por aqueles que teñen competencia mercantil, co que o máis próximo sería o de Lugo.”
Segundo o BNG “este servizo préstase actualmente en todos os concellos, despois dunha reforma da lei no ano 2011, froito dun consenso entre persoal da administración de xustiza, comunidades autónomas e entidades locais que participaban neste servizo coa atención nos xulgados de paz”, explica Ana Ermida.
“Este cambio implica pasar a pagar por xestións que ata o de agora eran gratuítas e desprazamentos para solucionar outras que xa non poderán resolverse nos concellos. Ademais, datos que ata o de agora se manexaban en ficheiros públicos, pasarán a mans de persoal privado, cobrando taxas que non ingresarán nas arcas públicas”, sinalan desde o BNG.
A formación nacionalista afirma que “é obriga dos concellos defender que os servizos se presten do xeito máis cómodo e próximo á xente, polo que entendemos que deben posicionarse claramente en contra desta modificación que supón un paso máis na centralización dos servizos e o alonxamento dos mesmos, coas dificultades que supón para os trámites diarios. Non podemos permitir que, mentres as cidadáns e os cidadáns pagamos cada día máis impostos e taxas, esteamos recibindo menos servizos e de peor calidade e debemos respostar a estes ataques desde todos os ámbitos”, conclúen.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



